CONSELLOS PARA MELLORAR O RENDEMENTO ACADÉMICO

Durmir 8 horas diarias 
• Almorzar correctamente, apórtanos a enerxía necesaria para afrontar a xornada escolar. Exemplo: O almorzo debe incluír alomenos unha peza de froita e un lácteo mais cereais. Dependendo do alumno/a pódese inxerir unha peza de froita, un zume ou sandwich,... nun dos recreos.
• Colocar no cuarto do alumno/a un horario lectivo nun lugar visible. 
• Estudar alomenos dúas horas diarias. Por estudar se entende: facer os "deberes", ler, sublinar, buscar no dicionario, facer traballos, memorizar,...
• É conveniente facer un seguimento por parte dos pais/nais das tarefas escolares, tanto na casa como no centro, poñéndose periodicamente en contacto co titor/a.
• Ter o material de consulta (libro de texto, dicionarios, enciclopedias,...) necesario para facer fronte ao estudo.
• Deixar a mochila preparada do día anterior.
• Acostumar ao alumno/a ao uso do espertador.