CONSTITUCIÓN XUNTA ELECTORAL CONSELLO ESCOLAR SORTEO

18/10/2022 15:37
Europe/Madrid

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 30/09), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Centro.
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:
O Director do Centro, un profesor ou profesora, un pai ou nai ou titor legal, un alumno ou alumna, un representante do persoal de administración e servizos.
Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril.
Dito sorteo, que será público, celebrarase neste centro o venres 28 de outubro ás 12:10h.
O Director.