Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Maio 19, 2023
Start: 19/05/2023 14:45

Prazo de presentación de solicitudes: Do 20 de maio de 2023 ao 21 de xuño de 2023 (incluído)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexo I e II), dispoñible na aplicación informática "fondo libros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderán presentarse as solicitudes presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Aquí pode consultar a Orde que regula o procedemento. 

Mércores Maio 31, 2023
Start: 31/05/2023 17:19

Aquí podes consultar o menú do comedor do mes de xuño. 

Luns Xuño 12, 2023
Start: 12/06/2023 14:51

O pasado mércores día 31 de maio despedimos á nosa auxiliar de conversa americana neste curso 2022/2023, Andrea Ochoa, que colaborou nas clases de Física e Química Bilingüe en Inglés. Ademais ensinounos o modo de vida e a cultura do seu país. 

Desexámoslle o mellor nos seus plans futuros. 

Xoves Xuño 15, 2023
Start: 15/06/2023 17:33

O noso alumnado participou nos distintos obradoiros levados a cabo pola Reserva da Biosfera. En 1º ESO o alumnado desfrutou no centro dun taller de papel. En 2º ESO o alumnado estivo aprendendo acerca do mundo dos fungos. En 3º ESO visitaron a vila de Betanzos e o seu Centro Internacional da Estampa e en 4º ESO fixeron un obradoiro no Castro onde diseñaron as súas propias pezas. 

 

Start: 15/06/2023 22:42
19/06 luns            1º e 2º da ESO de 16:30h a 18:30h     
20/06 martes  3º e 4º da ESO de 10:30h a 12:30h

Nota: - A entrega de libros de texto debe facela a/o representante legal que presentou a solicitude dos mesmos, ou  unha persoa maior de idade presentando unha autorización firmada. 

Lémbrase que un beneficiario que non devolva os libros do curso 22/23 non poderá optar ao Fondo Libros do curso 23/24. 

Distribuir contido