O centro
Familias
Iniciar sesión
Dinamización lingüística
Coidemos a nosa lingua
admin — Mér, 2023-11-08 13:15
Dende o equipo de Dinamización Lingüística do IES de Mos procuramos promover do uso da lingua galega e a cohesión da comunidade educativa. Entre as nosas funcións destaca a organización de actividades culturais e lingüísticas que fomenten o uso do galego tanto na aula como na vida cotiá da comunidade escolar. Ademais, colaboramos estreitamente co profesorado para incorporar eficazmente o galego nas distintas actividades, ofrecendo recursos e asesoramento específico. Asemade, traballamos para concienciar sobre a importancia de preservar e promover a nosa lingua, contribuíndo así a fortalecer a nosa identidade lingüística e cultural, e a crear un ambiente de respecto e diversidade.
Achégase o Samaín no IES de Mos
admin — Ven, 2023-10-20 12:13
Dende o equipo de Dinamización lingüística, propoñemos unhas actividades para celebrar o Samaín. Agardamos que disfrutedes con elas!