Punto Laranxa contra o acoso escolar

Atención á diversidade


ATENCIÓN AO ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

Como norma xeral, dende o Departamento de Orientación cremos que a mellor forma de intervir é dende dentro do mesmo grupo-clase e polo profesorado das diferentes materias. Cando isto non abonda, a seguinte estratexia será a de intervir dentro do mesmo grupo coa axuda das profesoras de apoio.

O profesorado de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe forman parte do Departamento de Orientación e son o principal recurso humano co que contamos para facer apoios ao alumnado con NEE, pero neste centro tamén se contemplan reforzos que realiza todo o profesorado, segundo dispoñibilidade horaria.

As medidas que se están adoptando de Atención á diversidade pódense concretar en:

  • Repetición ou permanencia no mesmo curso para aquel alumnado que non acadou os obxectivos do seu nivel e pode, por idade, beneficiarse desta medida.
  • Seguimento individualizado, a través das xefaturas de departamento e o Departamento de Orientación, de todo o alumnado do centro con materias suspendidas de cursos anteriores e polo tanto pendentes.
  • Curso de Diversificación Curricular para alumnas e alumnos da ESO.
  • Calquera outra que o Departamento de Orientación e o equipo directivo acorden ( desdobres, agrupamentos...) atendendo ás necesidades que se presenten e a dispoñibilidade horaria do profesorado.

A avaliación do alumnado con NEE é continua, con tres fases diferenciadas:

  • Inicial: Todo o alumnado con NEE ten unha avaliación diagnóstica inicial, empregando probas psicométricas cando fose preciso e contando sempre coas informacións do profesorado, a familia e calquera outra institución que estivese implicada no coñecemento do alumnado.
  • Procesual : Ao longo do curso manterase un seguimento individualizado dos avances e atrancos de todo o alumnado con NEE. Nas reunións semanais entre a profesora de Pedagoxía Terapéutica, a profesora de Audición e Linguaxe e a orientadora valorarase e faranse propostas para encamiñar o traballo a desenvolver con este alumnado. Contémplanse reunións regulares entre profesorado de matemáticas e de linguaxe co profesorado de apoio para ir axustando os apoios e reforzos.
  • Final ou sumativa: Reflexaremos nunha ficha resumo todos os progresos e as necesidades de mellora do alumnado con NEE.

 


 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer