Logo de realizado o proceso de reserva de prazas para os centros adscritos ó IES de Meaño, o número de prazas ofertadas por este centro para o curso 2018/19 son as que figuran neste documento. Tamén poden consultar nese arquivo as intruccións para o proceso de solicitude de admisión, necesario só para alumnado de centros non adscritos ou que se incorporen ao sistema educativo.
No taboleiro do noso centro e nos taboleiros dos centros adscritos está dispoñible o listado de alumnado dos centros adscritos que fixo a reserva de praza e lle foi admitida.
Un saúdo
A Dirección