Skip to Content

ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO

ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO

A Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dita as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Toda a información nesta web:   https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

Aspectos máis relevantes:

  • No Decreto 123/2021, do 2 de setembro, se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais(ComDix) e que ven a concretar o Marco europeo de competencias dixitais (DigComp).
  • O alumnado que obteña o título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.
  • O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.
  • A acreditación do alumnado terá unha validez de cinco anos.
  • A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase durante o mes de maio.
  • As probas realizaranse nos centros docentes
  • A obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou o alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio descritas no Marco galego de competencias dixitais.
  • O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio.
  • Solicitude e inscrición nas probas específicas: O alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria que desexe realizar a proba específica solicitará a súa inscrición empregando o modelo establecido no anexo IV
  • O alumnado menor de idade contará coa autorización das persoas proxenitoras ou das persoas titoras legais para poder inscribirse na realización da proba.

 

Un saúdo

A dirección



page | by Dr. Radut