Skip to Content

Premio cocurso Novos Poliedros 4º ESO

O alumnado de Plástica de 4º de ESO participou durante o mes da Ciencia en Galego no Concurso de Novos Poliedros organizado por Igaciencia

Entre todos/as construímos a nosa peza nomeada por Damián: OCTAEDRO ESTRELANGULAR, que gustou moito aos organizadores polo acabado en 2 cores e polo complexa que foi a montaxe.

Natalia e Gabrielly realizaron un video de presentación para o Concurso e moitos alumnos/as demostraron ser moi bos compañeiros/as axudando a outros no doblado e pegado das estrelas octangulas.

Pouco despois, recibimos un premio como todos os centros participantes. Foron 100 € que nos encheron de satisfacción; a experiencia valeu a pena.

Na viaxe a Santiago para recoller o premio na Secretaria Xeral de Política Lingüística (SXPL), tivemos tempo para dar un paseo polo casco histórico e ver detalles e recunchos desconocidos, como a sombra do peregrino.

Despois, no acto de entrega, Gabrielly, Damián, Víctor, Isaac e Natalia subiron ao escenario para presentar a figura, un gran reto xa que non preparamos ningún discurso e os nervios….

Todas as figuras do concurso, algunhas feitas en impresoras 3D, estarán expostas no Centro Ágora da Coruña, do 24 ao 28 de xaneiro, dentro da Exposición “Converxencias Arte e Ciencia: Juan Gris”.

Neste enlace podedes ver mais imaxes de todos os participantes no acto de entrega de premios, alumnado desde 1º de ESO ata 2º Bac.

   

 

                         

AdxuntoTamaño
Na sala da SXPL do Acto de entrega.jpg1.95 MB
Despedida da figura na clase.jpg1.5 MB


page | by Dr. Radut