Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar. 2021/22

Vense de publicar a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B)

prazo remata o vindeiro 22 de xuño de 2021.

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4  de ESO como o vindeiro curso teremos o proxecto de educación dixital Edixgal en todos os cursos,  soamente poderá solicitar as axudas de material escolar.(A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.)

As solicitudes  presentarse preferentemente por via electrónica (é necesario certificado dixital ou chave365) a través da aplicación FondoLibros , ou presencialmente no centro (poden cubrir e descargar aquí os anexos).

 

Un saúdo

A Dirección



page | by Dr. Radut