Skip to Content

Resolución Definitiva Fondo Libros e axudas material 2020_21

Resolución Definitiva do Fondo Solidario de Libros de texto .(3º e 4º ESO) e axudas de material para o curso 20_21 xa está `publicada e pode consultarse no taboleiro do centro ou a través da web Fondolibros (necesaria chave 365 ou certificado dixital)

 

Nela pódese consultar as materias e libros asignados a cada alumno.

  • A aplicación informática da Consellería é a que asigna os libros os alumnos de xeito automático, en función da renda, polo que o centro non pode decidir cales son as materias dos libros que se lle asignan a cada alumno.
  • Comezado o curso escolar enviarase, a través do alumnado,  un documento ás familias selado polo centro coa lista de libros entregados ao alumno. As Familias deberán devolver este documento asinado canto antes para deixar constancia documental da entrega, e seralles devolto asinado pola dirección.
  • Os libros serán entregados aos alumnos no centro  polo profesor na súa materia paulatinamente,o longo dos primeiros días de curso.

 

  • AXUDAS MATERIAL:  Os pais/nais/titores legais poden vir a​ ​recoller​ ​os​ ​cheques​ ​de​ ​axudas​ ​para​ ​mercar​ ​material​ ​escolar. Deberán vir a recollelos en persoa ao centro en horario de 9 a 14h. En caso de non poder acudir poderán autorizar a algúen mediante  este documento .

O alumnado de 1º ESO e 2º ESO non participa no FondoLibros da Consellería por estar no proxecto EDIXGAL.De todas formas, para as materias que non están integradas en EdixGal e que teñen libro de texto, o centro repartirá durante a primeira semana de curso, entre o alumnado, os libros dos que dispón de xeito correlativo comenzando pola Letra "A" ata rematar as existencias, como foi acordado no Consello Escolar.

 

Un saúdo 

A Dirección



page | by Dr. Radut