Skip to Content

Fondo Solidario de Libros e Axudas Material escolar 2020

 

Vense de publicar a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B)

Mañá mércores día 20/05/2020  ábrese o prazo  O alumnado de 1º e 2º de ESO como ten o proxecto de educación dixital Edixgal soamente poderá solicitar as axudas de material escolar. O prazo remata o vindeiro 19 de xuño.

As solicitudes  presentarse preferentemente por via electrónica (é necesario certificado dixital ou chave365) a través da aplicación FondoLibros , ou presencialmente no centro (poden cubrir e descargar aquí os anexos).

 

Un saúdo

A Dirección



page | by Dr. Radut