Skip to Content

Adxudicación da cafetería do centro

Para dar cumprimento á INSTRUCCIÓN 7/2017 de 30 de maio de 2017, pola que se establecen as condicións para a contratación do servizo de Xestión e Explotación da cafetería en centros docentes non universitarios dependentes da Consellería no curso 2017-2018, o IES de Meaño informa que con data de hoxe xoves 6 de xullo comeza o proceso para a concesión da cafetería do seu centro.

  • Prazo de presentación de solicitudes: Os interesados terán dende as 9:30 horas do 6 de xullo ata as 14:00 horas do 12 de xullo, ámbolos dous incluídos, para poñerse en contacto co centro e recoller a documentación necesaria.
  • Prazo de presentación de documentación: Recollidas as solicitudes, os interesados recibirán por carta certificada con acuse de recibo unha invitación  da dirección do centro e disporán de cinco días hábiles, dende  asúa recepción, para formular a súa oferta e presentar toda a documentación , segundo recollen as instrucións.
  • Resolución do proceso: A resolución será publicada no taboleiro do centro e na súa páxina web  antes do 31 de  xullo de 2017.
  • Toda a documentación necesaria para presentarse ó proceso de licitación da cafetería, deberá recollerse na conserxería do centro e presentarse no mesmo lugar.

 En Meaño a 6 de xullo de 2017



page | by Dr. Radut