Skip to Content

SUBCAMPIÓNS DO MUNDO na d3mobile Metrology World League

¡¡¡SUBCAMPIÓNS DO MUNDO !!!

Un grupo de alumnos de 4º da ESO do IES de Meaño, SUBCAMPIÓNS DO MUNDOna liga mundial de modelado 3D de precisión co móbil( d3mobile Metrology World League).

 

 

A través do departamento de Tecnoloxía, os alumnos de 4ºB do IES de Meaño participaron durante este curso na liga mundial de modelado 3D de precisión a partires de fotografías, tomadas co  móbil, foi un traballo intenso e divertido no que aprendemos moitas cousas, e que nos levou a ser os segundos a nivel mundial.

Os integrantes do equipo gañador foron: Oscar Rey, Antonio Suárez, Manuel Touriño e Borja Vázquez, coordinados polo profesor de Tecnoloxía César Ferñández Riádigos.

Os integrantes do equipo agradecen a colaboración prestada tanto pola comunidade educativa como pola organización do campionato.

A competición está organizada pola Universidade de Santiago de Compostela a través do grupo de investigación USCAN3D, a FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología), e o CEM (Centro Español de Metrología) e polo Instituto Geográfico Nacional.

O obxectivo principal desta actividade é a elaboración de modelos tridimensionais a escala, realizados a partires de fotografías tomadas co teléfono móbil e un ordenador con programas específicos gratuítos. Ao tempo que se fomentan vocacións científicas e técnicas entre os xoves e espertan a súa capacidade investigadora.

O modelado 3d de precisión ten moitas aplicacións na vida real: deseño de pezas de aeronaves, na Fórmula 1, no deseño de videoxogos, na fabricación de próteses médicas, na arquitectura, escultura, etc,etc.

Aquí podedes ver máis exemplos

A nivel educativo foi una experiencia enriquecedora tanto para o profesor como para os alumnos, nos permitiu aprender uns dos outros, e ir adquirindo por nos mesmos competencias, que puxemos en práctica tanto na materia de tecnoloxía como noutras areas e por suposto no desenrolo do concurso. Se a isto lle engadimos a posibilidade de acadar premios importantes, a motivación estaba garantida.

Esta actividade a estamos completando dende o departamento de Tecnoloxía con outro grupo de 4º da ESO, mediante a montaxe dunha IMPRESORA 3D de hardware libre, que nos permitirá imprimir en plástico calquera deseño dun obxecto feito por ordenador, que podería ser debuxado, ou creado a partires das técnicas de modelado 3D como as utilizadas neste concurso.

 

A cerimonia de entrega de premios celebrarase o xoves 29  de xuño ás 12:00 no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela).

Máis Información: http://www.d3mobile.es

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut