A biblioteca

A nosa biblioteca

 

A biblioteca do IES Martaguisela está situada cerca da entrada principal á man esquerda. Mide aproximadamente 105 m², nese espazo distribúense cincuenta postos de lectura e sete equipos informáticos, ademais dun recuncho informal e lúdico. Toda a comunidade educativa, e incluso persoas que non pertenzan a ela, poden levar para a casa por un período de quince días prorrogables libros e DVD. Na sala ademais pódense consultar enciclopedias e dicionarios.

 

Impártense algunhas horas de determinadas materias como Investigación e tratamento da información. Outras actividades que se levan a cabo son encontros con escritores, exposicións, clubs de lectura (son tres os que se reúnen alí). Tamén parte do alumnado nas súas horas de lecer desprázase á biblioteca para ler, xogar ao xadrez e ás damas, debater sobre libros, pintar, facer deberes, realizar consultas en internet, etc.

 

Ademais todas aquelas actividades que se desenvolvan partindo da biblioteca aparecerán reflectidas no Plan Anual de Lectura.

Imaxe da biblioteca. Zona de lectura distendida

Imaxe da biblioteca. Corredor central

Imaxe da biblioteca. Zona de ordenadores

 

Powered by Drupal - Design by artinet