Benvidas á nosa web
Enviado por admin o Ven, 06/01/2017 - 09:23Sergio Rey, do IES de Cacheiras, ganha o “I Prêmio Escolar Internacional de Livros de Cordel”
Enviado por admin o Mér, 15/05/2024 - 12:50O Clube da Língua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces vém de fazer público o ganhador galego do “I Prêmio Escolar Internacional de Livros de Cordel”, coorganizado com o instituto Rochael de Medeiros de Recife, Brasil. O premiado é Sergio Rey Dalama, de 13 anos, e estudante de 1º de ESO no IES de Cacheiras.
Entrega boletín de notas de 2º Bacharelato
Enviado por admin o Mar, 14/05/2024 - 08:06A entrega do boletín das notas de avaliación ordinaria do curso de 2º de Bacharelato será o mércores día 15 as 11:00 na aula de referencia do grupo.
Renovación da concesión do servizo de cafetería
Enviado por admin o Xov, 18/04/2024 - 05:47O servizo de cafetería do centro vai ser renovado á mesma persoa que xa o estaba prestando, Patricia Cea.
Dadas as condicións actuais de subidas de prezos, a persoa adxudicataria fixo chegar uns escrito no que notifica ao centro a posible subida de precio de aqueles productos non regulados pola consellería, axustando o precio destes productos a subida do IPC.
Adxuntamos a esta nova o escrito remitido por Patricia Cea. Este escrito xa foi trasladado ao Claustro e ao Consello Escolar.
Participación en "Parlamento Xove". Clasificados para a final
Enviado por admin o Ven, 08/03/2024 - 11:12ACTUALIZACIÓN: O equipo acadou o octavo posto, de vinte e tres centros participantes, co que está clasificado para a final. Un gran exito polo cal as alumnas Nerea Canda, Nerea Chacón, Daniela del Río e Xiana Sánchez, así como a profesora Araceli Costoya, merecen todas as nosas felicitacións.
Podedes ver as súas intervencións:
Alumnado de 4º de ESO do instituto acompañado da coordinadora, a profesora de Araceli Costoya, participa este fin de semana na fase clasificatoria do programa Parlamento Xove.
Acreditación de competencia dixital do alumando
Enviado por admin o Mér, 06/03/2024 - 07:24O pasado venres publicouse a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.
Nesta resolución indícase que:
- os alumnos que titulen na ESO acadarán unhas competencias dixitais de nivel básico, podendo acadar unha certificación de nivel intermedio mediante unha proba de acreditación.
- Os alumnos que titulen en Bacharelato acadarán unhas competencias dixitais de nivel intermedio, podendo acadar unha certificación de grado 4 do nivel intermedio mediante unha proba de acreditación.
A inscrición para as probas de acreditación terá que facerse antes do día 15 de marzo, sendo a realización das probas nos meses de abril e maio. Para inscribirse deberá entregarse cuberto o anexo IV que figura na resolución.
No seguinte enlace está toda a información relativa ás probas así como unha demo de como sería a proba de acreditación: Competencia dixital do alumnado
Proceso de admisión para o curso 2024/25 e postos vacantes
Enviado por admin o Xov, 29/02/2024 - 19:59O alumnado procedente de centros adscritos, que presentou reserva de praza neste instituto, resultou admitido. Pode consultarse a listaxe de admitidos no taboleiro situado no interior do centro.
O prazo de solicitude de admisión para o alumnado que non procede dos centros adscritos, abrangue do 1 e 20 de marzo de 2024. Nos documentos adxuntos pódense descargar os impresos para realizar a admisión, asi como as prazas vacantes no noso centro.
Premendo en "Leer máis" pódense consultar os prazos destacados a ter en conta no procedemento de admisión e a lexislación que regula o proceso.
I Prêmio Escolar Internacional de Livro de Cordel
Enviado por admin o Xov, 25/01/2024 - 06:44A literatura de cordel é um género de literatura popular em verso. Recebe o seu nome dos chamados pregos ou livros de cordel. É um género com dimensão oral e escrita.
O Camballón vence en Valadares
Enviado por admin o Sáb, 02/12/2023 - 05:45Alumno do Camballón acada a medalla de ouro no campeonado Galicia Skills
Enviado por admin o Sáb, 28/10/2023 - 12:35O alumno, Sergio López, do segundo curso do Ciclo de Soldadura e Calderería, foi premiado co primer premio, medalla de ouro, na categoría de soldadura dentro campionato galego de FP Galicia Skills.
Galiciaskills é o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas.
Como gañador do campeonato, na categoría de soldadura, Gabriel representará a Galicia no campionato nacional Spainskills.
Este premio é unha gran alegría para todo o instituto, e un recoñecemento da labor realizada polo profesorado do ciclo de soldadura.
Faro de Vigo: Los más habiles de la clase
La Voz de Galicia: Galicia Skills 2023