O alumnado do Losada visita o Collège du Holme en Briouze (Normandía, Francia)

 

Trátase dun programa de intercambio cultural e lingüístico, no que 12 estudantes de 1º ESO do IES Antón Losada Diéguez viaxaron a Francia, instalados en familias francesas desde o pasado 17 de marzo ata o sábado 23, acompañados por Edith Pazó, profe de Lingua Galega e de Francés e Afonso García, profe de Lingua Castelá e responsable do Aula de Teatro do centro. Participaron da vida académica dun centro escolar (Collège du Houlme, en Briouze, Normandía) para convivir durante unha semana co alumnado francés, seguindo parcialmente a actividade ordinaria do centro. Isto permitiralles coñecer outro sistema escolar cunha vivencia activa, ademais de integrarse na vida cotiá das familias que os acollían, procedentes tanto do ámbito urbano como rural. A experiencia está resultour realmente agradable, intensa e moi enriquecedora.

Por outra parte, dirixidos polo profesorado francés e galego responsable da actividade, os alumnos participaron na posta en escena en común co alumnado francés da adaptación da obra teatral Le petit prince/El principito/O principiño.. Realizan tamén actividades culturais complementarias, como a visita ao Mont Saint-Michel ou á localidade de Saint Malo.

No mes de maio desenvolverase a segunda parte desta actividade de convivencia, cando o alumnado francés viaxe á Estrada, para convivir coa alumnado galego durante unha semana. Daquela, daráselle continuidade tamén á actividade teatral común, como parte do proxecto de convivencia cultural e práctica lingüística, que culminará coa posta en escena do traballo dramatizado no Teatro Principal da Estrada, o día 2 de maio. Unha vintena de familias estradenses participarán nesta acollida do alumnado francés.

O IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez e o Collège du Houlme de Briouze levan traballando conxuntamente desde o pasado mes de outubro no desenvolvemento deste marco de intercambio cultural e lingüístico. No primeiro trimestre, o alumnado dos dous centros, estudantes de francés e de español de distintos niveis da ESO como linguas estranxeiras, realizaron xa un intercambio epistolar, que tivo continuidade a través de distintas redes sociais, e que agora se completa con esta convivencia nos dous países.

Esta actividade enmárcase no programa plurilingüe desenvolvido polo centro educativo, que ademais de impartir varias materias en inglés, ten grupos de alumnado estudando francés e portugués. 

PODES LER MÁIS INFORMACIÓN E VER MÁIS FOTOS, NO BLOG DO EDL LOSADA, PICANDO AQUÍ