Este módulo profesional contén a formación necesaria para desenvolver as funcións de realizar análises bioquímicas en mostras biolóxicas, pódese considerar dividido en duas grandes partes, na primeira estudaranse as principais técnicas instrumentais empregadas no LCB e a segunda é a parte mais propiamente correspondente ás análises bioquímicas.

Esta función abrangue aspectos como:

Selección da técnica.
Posta a punto dos equipamentos.
Preparación de reactivos.
Validación técnica do resultado.
As actividades profesionais asociadas a esta función aplícanse en:
Laboratorios de análises clínicas hospitalarios e extrahospitalarios, laboratorios de institutos de toxicoloxía, de investigación biosanitaria, de toxicoloxía, de clínicas veterinarias e, de xenética clínica e diagnóstico prenatal.
Centros de reprodución asistida.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versar sobre:

Identificación da técnica segundo a magnitude que cumpra analizar.
Interpretación de protocolos.
Calibración dos equipamentos.
Determinación de magnitudes bioquímicas en mostras biolóxicas.
Realización e valoración do control de calidade analítico.
Aplicación das normas de calidade, seguridade, saúde laboral e protección ambiental.

Este módulo contén a formación para realizar análises hematolóxicas en mostras biolóxicas humanas e procedementos de ob­tención de hemoderivados. Abrangue aspectos como:

– Preparación e exame de extensións de sangue e de medula ósea ao microscopio óptico.

– Manexo de aparellos automáticos de análise hematolóxica.

– Aplicación de técnicas para o estudo da hemostasia e da coagulación.

– Preparación e distribución de hemoderivados.

– Aplicación de técnicas inmunohematolóxicas para garantir compatibilidades entre doador/a e receptor/a.

Este módulo contén a formación para aplicar técnicas de inmunodiagnóstico, colaborar na calibración do citómetro de fluxo e realizar o seu mantemento preventivo.Abrangue aspectos como:

– Preparar e diluír mostras e reactivos.

– Realizar técnicas inmunolóxicas baseadas na reacción antíxeno-anticorpo (Ax-Ac) pri­maria e secundaria.

– Aplicar técnicas para o diagnóstico de doenzas autoinmunes, o estudo de hipersensi­bilidade, a identificación de poboacións celulares, a valoración da inmunidade celular e os estudos de tipificación HLA e de doenzas infecciosas.

– Realizar o western blot.

– Colaborar na realización do marcaxe con fluorocromos.

– Realizar a calibración e o mantemento preventivo do citómetro de fluxo.

– Avaliar a coherencia dos datos obtidos da análise e redacción dos informes técnicos correspondentes.