Este módulo contén a formación para realizar análises hematolóxicas en mostras biolóxicas humanas e procedementos de obtención de hemoderivados. Abrangue aspectos como:
– Preparación e exame de extensións de sangue e de medula ósea ao microscopio óptico.
– Manexo de aparellos automáticos de análise hematolóxica.
– Aplicación de técnicas para o estudo da hemostasia e da coagulación.
– Preparación e distribución de hemoderivados.
– Aplicación de técnicas inmunohematolóxicas para garantir compatibilidades entre doador/a e receptor/a.
- Profesor/a: Eva Buján