Profesorado

Alumnado

Taboleiro

PRAZO LÍMITE PARA PRESENTAR SOLICITUDES DE BECA PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS

As becas xerais para o curso 2023/2024 poden ser solicitadas ata o 17 de maio deste ano 2023; non é aconsellable deixar o trámite para o último día, fóra deste prazo non se admite ningunha solicitude.

A presentación debe realizarse a través da sede electrónica, donde queda arquivada toda a documentación.

As diferentes comunicación realizanse a través das notificacións na sede electrónica; debes estar atento a elas.

CALENDARIO FINAL PENDENTES DA ESO (2022/2023)

Faise público o calendario final de exames de materias pendentes deste curso 2022/2023

CUESTIONARIO DE ESCOLA INCLUSIVA (PROA+) - IES LAGOA DE ANTELA

Neste curso escolar, e dentro do programa auspiciado polo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, que noso centro solicitou, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, este centro educativo debe iniciar un Plan Estratéxico de Mellora para o próximos tres cursos escolares. Para a realización deste Plan é fundamental á participación e recollida de información de toda a comunidade educativa a través do seguinte formulario (pincha na imaxe para acceder ao formulario):

           

Agradecemos de antemán a súa colaboración na realización deste cuestionario anónimo, cuxos datos servirán para a realización do devandito Plan (PEM).

A data límite será o 28 de Abril.

Encontro de xoves investigadores

Dous traballos dos presentados ao 38º Encontro de Xoves Investigadores por alumnado do IES Lagoa de Antela dirixidos polo profesor Miguyel Yebra (“¿Afecta la cantidad de superficie a la fuerza de rozamiento?” y “¿Todos los pelos tienen el mismo grosor?”) foron becados na presente edición.

ROSALÍA NA LIMIA

O 23 de febreiro celebramos o día do nacemento de Rosalía de Castro e a escritora andou de visita pola Limia.
 
A súa poesía prendeu nas alcaldías dos concellos de Baltar, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.
 
Os seus representantes abríronnos as portas para recitar uns versiños da obra en galego da poeta e así poder compartir con toda a veciñanza, a través das webs dos concellos, como nós o facemos a través desta pequena xanela, as súas verbas.
 
A través das súas voces a escritora segue a encher de música e sentimento os nosos días achegándose tamén ao pobo e saíndo das aulas.