Profesorado

Alumnado

Taboleiro

CALENDARIO FIN CURSO 2020/2021

Publicase o calendario fin de curso 2020/2021 para os cursos de ESO, 1º BACHARELATO E FP BÁSICA

Listaxe de reservas admitidas para o curso 2021/2022

Publicase a listaxe definitiva de reservas admitidas para o curso 2021/202 de alumnado procedente de centros adscritos ao IES Lagoa de Antela para o primeiro curso da ESO.

A información contida neste informe pode visualizarse:

  • presencialmente, no taboleiro de anuncios situado no interior do centro
  • telematicamente, a través da apliación admisiónalumnado empregando a Chave 365 ou certificado dixital

Novos positivos no centro

Bo día,
 
esta semana acumulamos 5 novos positivos no centro. 3 deses casos corresponden coa aula confinada de bacharelato como era previsible.
Os outros 2 casos foron contactos con positivos fóra do ambiente escolar.
 
En principio, os positivos producíronse por contactos externos ao centro e a Consellería entende que non é necesario tomar ningunha outra medida sanitaria, de momento.
O resto de alumnado e grupos seguirán coa súa docencia habitual.
 
De tódolos xeitos, pregramos responsabilidade das familias e dos alumnos/as, estremar as medidas de protección e non relaxarse nas mesmas cando fagan vida social, dentro ou fóra do instituto.
 
Calquera dúbida ou cuestión, poden contactar co centro nas formas habituais.
 
Saúde e sorte
Equipo Covid IES Lagoa Antela

Comunicación positivo 2º BROTE e peche aula 1º BACH B

Bo día,

a semana pasada producíronse 2 novos positivos no centro. Ao coincidiren con outro postivo máis na mesma aula, a Xefatura Territorial de Sanidade decidiu pechar a aula de 1º Bacharelato B, polo que se suspende a docencia presencial e se activan o horario espello unicamente de esa aula.

En principio, os positivos producíronse por contactos externos ao centro e a Consellería entende que non é necesario tomar ningunha outra medida sanitaria, de momento. O resto de alumnado e grupos seguirán coa súa docencia habitual.
 
Podedes consultar o resto da información na páxina WEB ou na carta anexa a este correo.

Calquera dúbida ou cuestión, podedes facelo en Xefatura.
 
Saúde e sorte
Equipo Covid IES Lagoa Antela