Skip to Content

VISITA AO IES DE MONTECELO

  O mércores día 15 de abril o alumnado de 4ºPDC e os alumnos e alumnas de 4ºESO interesados en cursar un ciclo medio, acudimos as xornadas de portas abertas do IES Montecelo. Realmente foi unha experiencia moi enriquecedora para min e para o alumnado. Ver de primeira man o traballo que se fai nos ciclos medios, os recursos ,as tecnoloxías de última xeración coas que o alumnado traballa...pero fundamentalte o compromiso do profesorado e a súa entrega sorprendeume moi gratamente.
 Dende aquí quero agradecer ao profesorado do IES Montecelo por organizar estas xornadas ,que lograron achegar ao noso alumnado a realidade dos ciclos medios. Especialmente ao xefe de estudos do centro que nos guiou polas instalacións , foi un pracer compartir o voso día a día, ata sempre.

Fotos

 

* * * * * * * * * * * * * * *

 



page | by Dr. Radut