Skip to Content

DATAS MATRÍCULA 24-25

DATAS MATRÍCULA CURSO 24 -25 

ABAU extraordinaria 14 xuño

2º BACHARELATO CIENCIAS 17xuño. HHCS 19 xuño. EXTR. 27 xuño

ESO 2º-27 xuño. 3º-28 xuño. 4º-1 xullo. 1ºESO-3 xullo.

1º BACHARELATO 2 xullo. DOUTROS CENTROS 4 xullo.

 

PDF ADXUNTO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2024-25

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2024-25

 

Estimadas familias,

Informamos que foi publicada no DOG a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.
 
Presentación de solicitudes do alumnado de EP, ESO e EE no centro escolar ou mediante a sede electrónica (procedemento ED330B), ata o 21 de xuño de 2024.

Pago taxas e instrucción aboamento ABAU.

 pdf adxuntos:

Pago de taxas expedición título bacharellato

Instruccións aboamento taxas ABAU

 


 

luns 20 de maio día non lectivo


 

Luns 20 de maio, día non lectivo

Estimadas familias:
Lembramos que o vindeiro luns 20 de maio foi elixido polo Consello Escolar , como día non lectivo; polo tanto non haberá clases ese día.
Malia todo, a oficina do centro estará aberta de 8:30h. a 14:00h. para atender as posibles reclamacións do alumnado de 2º de Bacharelato e para tramitación da matrícula ABAU Ordinaria.


 

Sección bilingue economía curso 24-25


 

Reunión informativa: Sección Bilingüe Economía 1º Bacharelato curso 2024/25

Estimadas familias:

O vindeiro martes 21 de maio, ás 16:30h., na biblioteca do centro, realizarase unha reunión informativa na que será presentado o proxecto de sección Bilingüe 2024/25 que se impartirá na materia de Economía en 1º de Bacharelato.

Agradeceriamos a asistencia das familias cuxos fillos ou fillas vaian cursar economía o próximo curso en 1º Bacharelato e que estean interesadas en participar nesta sección bilingüe.

Agardamos a vosa asistencia.


 

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO 2023/24

 


 

CONVOCATORIA PREMIOS  EXTRAORDINARIOS BACHARELATO 2023/24
Estimadas familias,
Foi publicada a Orde do 19 de abril de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311A).
PERSOAS BENEFICIARIAS:
Alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2023/24 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e sexa proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
 O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, comezará o día 29 de abril de 2024 e rematará o día 28 de maio de 2024.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos:

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
IMPORTE:
Vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 €. Cada premio estará dotado con 1.000 €.

Admisión alumnado: Publicación listaxes


 

Admisión alumnado: Publicación listaxes

Comunicamos que con data 25/04/2024 as listaxes de admisión están disponibles no taboleiro de anuncios que está no interior do centro e na aplicación informática admisionalumnado.


 

AXUDASLE. Publicación das listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente. (info3)


 

AXUDASLE: Publicación das listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación.

Estimadas familias,

Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos infarman aos centros docentes sostidos con fondos públicos con ensinanzas en Bacharelato, que o día 23 de abril foron publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación relacionada coas comprobacións segundo o establecido no artigo 8.1 (apartados c,d,e,f), segundo o establecido no artigo 16.3 da Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24) que se poden consultar na web da convocatoria http://www.edu.xunta.gal/axudasle e no Portal Educativo  https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42968 

Ábrese un prazo de 10 días hábiles a partir do 23 de abril (fin de prazo 8 de maio), para que as persoas solicitantes que figuran na listaxe de solicitudes que precisan de remisión de documentación fagan entrega da documentación que se lles require.


 

AXUDASLE: Actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024 (info2)

No seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ pódense consultar as primeiras listaxes publicadas en relación á ORDE do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado de centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).
Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días hábiles (fin de prazo 11 abril) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

  •  Listaxe de solicitudes admitidas, solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto e de solicitudes excluídas: Acceso
  • O listado de solicitudes admitidas, solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto e de solicitudes excluídas está exposto no taboleiro interior do centro

Artigo 16. Procedemento de adxudicación de prazas
1. Rematada a comprobación das solicitudes recibidas, o órgano instrutor fará públicas tres listas: unha, na que figurarán as solicitudes admitidas; o segundo, para as solicitudes que cómpre corrixir nalgún aspecto; e un terceiro, de solicitudes excluídas, con indicación das causas de exclusión.


 

Actualización vacantes procedemento de admisión curso 2024/25


 

Asunto: Actualización vacantes procedemento de admisión curso 2024/25

Publícase a actualización das prazas vacantes no centro correspondentes ao procedemento de admisión do alumnado curso 2024/25:

   VACANTES CURSO 2024-25
ESO BACHARELATO
1º CC 1º HHCS 2º CC 2º HHCS
 
54 (45+9 NEAE)
 
30
 
8

 

39
 

 
15
 
13
 
8
 
25
 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut