Skip to Content

Novas do Centro

Programa YAM (Youth Aware of Mental Health)

Programa YAM (Youth Aware of Mental Health)

Estimadas familias,

Comunicámosvos que o noso centro, foi seleccionado aleatoriamente como centro de control para participar no Programa de prevención do suicidio YAM, ao abeiro do “Protocolo de prevención e actuación nos ámbitos sanitario e educativo ante o risco suicida infanto-xuvenil”, dirixido á poboación escolar galega de 3º da ESO.

YAM é un programa de promoción universal da saúde mental. Invita a reflexionar sobre diferentes situacións e a considerar enfoques distintos cando nos enfrontamos aos retos da vida ou a problemas de saúde mental. O programa vai dirixido a poder prestar apoio aos compañeiros/as e a poder pedir axuda cando a precisamos.

 

O vindeiro martes 19 de decembro ás 19:30h. no Salón de Actos do instituto, os proxenitores do alumnado de 3º ESO, estades convocados e convocadas a unha reunión informativa onde se exporán os detalles da nosa participación e da necesidade de consentimento informado para participar no proxecto YAM.

No seguinte enlace, podedes acceder á información aportada polo Servizo Galego de Saúde sobre o Programa.

YAM - Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde (sergas.es)

https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/YAM?idioma=ga

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e compromiso para o bo desenvolvemento do programa.

Educonvives

Reunión inicial familias-titores/as 23-24

Curso 23-24

Estimadas familias
Informamos que o martes 10 de outubro, ás 19:00 horas no salón de Actos do centro, terá lugar a reunión inicial dos responsables legais cos titores e tiroras dos seu fillos e fillas.
Agardamos a súa asistencia.

Asemade, a ANPA do centro convoca unha reunión para todas as familias o martes 10 de outubro, ás 20:00 horas aproximadamente, tras a reunión inicial dos responsables legais cos correspondentes titores ou titoras dos seu fillos/as.
A reunión terá lugar no  Salón de Actos do centro.

RELACIÓN LIBROS DE TEXTO23-24

Adxúntanse imaxes da relación de libros de texto por curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut