Visita Aula Newton en Ourense

O venres 3 de xuño, o alumnado de 3º e 4º de ESO visitou as instalacións de Aula Newton no Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas. A visita englóbase dentro das actividades do club de ciencia, grazas á colaboración dos departamentos de Educación Física (conceptos básicos de orientación), Matemáticas (cálculos e medidas de distancias e ángulos) e Física e Química (cálculos de velocidade e distancias) para trazar unha ruta de voo que logo levaron á práctica nun simulador.

1

2

3

4

5

6

7

8

9

11

12

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer