O centro educativo IES A Guía comezou a funcionar como Sección Delegada do IB Santa Irene a finais dos anos sesenta. Pasou despois a ser un centro autónomo co nome IB Mixto Nº 3, en clara alusión ó novo tipo de alumnado do centro, no ano 1972, funcionando en réxime diurno e nocturno. O escritor Gonzalo Torrente Ballester ocupou unha cátedra do ano 1973 ó 1975.
O tamaño deste primeiro edificio resultaba insuficiente para a demanda do alumnado. Este feito, unido ás deficiencias do mesmo e a súa antigüidade, levaron á construcción do edificio actual no ano 1994, despois de numerosas presións e manifestacións dos profesores e alumnos do centro. Nese mesmo curso desapareceu o réxime de estudios nocturno.
Observamos tres etapas na nosa historia: a primeira como Sección Delegada, a segunda como Instituto de Bacharelato e a terceira e actual como Instituto de Ensino Secundario e Profesional.
Datos, datas e edificios: preme aquí
Profesores célebres: preme aquí
Alumnos/as famosos: preme aquí
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer