PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2020-21

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 27 de abril de 2021 e rematará o día 26 de maio de 2021.

Requisitos das persoas solicitantes: 
1. Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2020/21
 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
2. Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 120, do 29 de xuño).
Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Ligazón á convocatoria.