ESCALADA EN PAREDE DE ROCA E VISITA DIDÁCTICA GUIADA Á CIDADE DA CULTURA (6-11-2019)

   Con gañas de alcanzar o cume chegamos sobre as 11 á instalación de Indoorwall en Santiago de Compostela onde o alumnado de 4º ESO e 1º BAC experimentou a sensación da escalada nun entorno atractivo, completamente seguro e sen choiva, que coa que estaba caendo fóra, isto soubo a gloria. 

  Despois de xantar demos un paseo polas rúas e prazas de Santiago e rematamos a xornada no GAIÁS, onde participamos nunha visita didáctica guiada para coñecer máis de cerca os segredos da ambiciosa obra arquitectónica símbolo da Galicia contemporánea.