A Xunta convoca prazas de residencia para estudantes de ciclos formativos e de bacharelato no curso 2021/22

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes (CRD) da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios (de Bacharelato e ciclos FP fundamentalmente) no curso 2021/22.

Poderán solicitar praza de residencia as persoas matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2021/22, preferiblemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. O alumnado que obteña praza terá dereito de reserva ata que complete os estudos dun nivel formativo concreto que dea lugar á obtención dun título académico, sempre que non repita curso e non variasen as circunstancias que se tiveron en conta para a adxudicación inicial.

Prazos de presentación

  •  Alumnado matriculado en bacharelato estará aberto ata o  9 de xullo 
  • Alumnado matriculado en ciclos formativos 2 de agosto.
  • As listaxes definitivas ca relación de persoas admitidas, excluídas e adxudicatarias faranse de forma conxunta tanto a través da páxina web da Consellería coma no taboleiro ou páxina web do respectivo centro residencial o 13 de setembro. Para os centros nos que quedaran prazas vacantes, abrirase un prazo extraordinario de solicitudes entre o 14 e o 22 de setembro e as listas definitivas publicaranse o 8 de outubro.

En canto aos criterios de valoración, sinalar que teranse en conta os datos socioeconómicos, como a composición da unidade familiar, renda, discapacidade ou desemprego; e o rendemento académico.

CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES:

CRD A CORUÑA

CRD OURENSE

CRD VIGO

Convocatoria Curso 2021/2022