Skip to Content

Benvida

Benvidos á páxina Web do Centro Residencial Docente de Ourense, pertencente á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Agradecémoslle a súa visita á nosa residencia de estudantes a través do apaixonante mundo de internet. O reto das novas tecnoloxías é motivo máis que suficiente para pór en marcha este portal de internet dende o que poderá obter información que dará resposta ás preguntas que xurdan no seu futuro como estudante: ambiente de traballo e estudo necesarios, calidade nos servizos ofertados, relación e convivencia agradábel entre os residentes, actividades extra escolares, etc. Unha vez que teña navegado pola páxina poderá ver as grandes vantaxes que o Centro Residencial de Ourense lle ofrece, non soamente no plano académico se non tamén no seu crecemento como persoa. Animámoslle a todos os que nos len a que nos trasladedes calquera suxestión.

No nome de todas as persoas que facemos posible o funcionamento do centro, grazas por dedicarnos uns minutos. 

                                                                                                                                                                                                           A Dirección: Francisco Javier García Gómez

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut