Encontros Virtuais na Zona USC
O programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" pon en marcha, durante esta semana, os Encontros virtuais na Zona USC. Dende o seguinte enlace poderemos acceder á páxina principal e en cada unha das titulacións atoparedes o programa de videoconferencias que se desenvolverán, dependendo da titulación, en varias sesións entre o martes 23 e o xoves 25 de marzo. Non perdades a oportunidade de coñecer un pouquiño máis as titulacións da USC e plantear as vosas dúbidas. Revisade ben xa que algunhas titulacións teñen a videoconferencia, xa, o martes 23 a partir das 11 horas.
https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
O acto inaugural está previsto para este martes 23 de marzo ás 12h, deixo aquí o enlace ao canal de YouTube da USC no que se retransmitirá.
ACTO INAUGURACIÓN
Martes, 23 de marzo, de 12:00 a 13:00h
Inauguración polo reitor da USC
Conferencia:
Angel Carracedo (catedrático de Medicina Legal de la USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica(SERGAS) e do Centro Nacional de Genotipado)
Título: Proxectos e ilisións (Proxectos e ilusións do Profesor Ángel Carracedo)
Conexión:
Canle Youtube da USC: