Esquema de temas

  • AVISO PARA FACILITAR A COMUNICACIÓN CO ALUMNADO

    Coa intención de poder mellorar a comunicación entre nós, facilítovos o meu enderezo electrónico para calquera consulta que desexedes facer, e tamén de cara ao vindeiro trimestre, de ter que continuar a traballar deste xeito. Enderezo electrónico: marta.cruz.anhon@gmail.com

  • Tema 1

  • VIDEOS CASEIROS

    Para quen non pudera facer as bolas malabares, porque non tiña material!!!!! SEMPRE hai alternativas.

    • semana 23 ao 27 de marzo

      Ademais de continuar practicando a secuencia de exercicios malabares, imos comezar con outra unidade didáctica: "BAILES DO MUNDO". Como a dificultade está nos contactos, salvo aqueles que temos familias numerosas, imos visionar os videos que vos propoño de algún "xogo-baile", que practicaremos en grupo, cando esta situación remate.

    • FICHA DE AVALIACIÓN HÓQUEI

      Durante o mes de xaneiro e parte de febreiro, estivemos coa UNIDADE DIDÁCTICA de HÓQUEI. Repartín unha ficha para que entregarades, mais só algúns/as o fixeron. Vouna colgar aquí, para que a cubrades.

    • Semana do 30 marzo ata 3 abril

      Aínda que sexa confinados nas nosas casa, estamos chegando  ao findo que sería a 2ª avaliación. Propóñovos un descanso relativo, xoguemos en casa.

      Ánimo, queda un día menos!!!!!

    • VOLTAMOS DAS VACACIÓNS

      Bo día, pois xa estamos aquí de novo, virtualmente. Que máis quixeramos que fora no ximnasio, pero mirémolo en positivo: queda un día menos xa. Moito ánimo!!!

      Imos intentar afondar un pouco nos contidos xa iniciados antes das vacacións, de momento, ata que teñamos outras instrucións. Intentarei na medida do posible propoñervos actividades que impliquen MOVEMENTO, e que sexan o máis lúdicas posible (que vos dea para xogar e pasalo un pouco ben, polo menos).

      Vouvos ir poñendo nas entradas seguintes, instrucións semana a semana, co que tedes que ir mirando.

      • Semana do 14 ao 17 de abril

        Para 1º ESO A a sesión é hoxe e para 1º ESO B será mañá mércores.

      • Semana do 20 ao 24 de abril

        Bo día, aquí seguimos. Esta semana adicaremos o 1º día, a conceptos xa vistos (de repaso e reforzo), pero facédeos tod@s igualmente. E o 2º día, ampliaremos un pouco, para que non vos aburrades.

        RECORDADE QUE SEMPRE TEDES A OPORTUNIDADE DE VOLVER A FACER XOGOS XA VISTOS OU IR AOS RETOS QUE ESTÁN NA PESTAÑA DE 3º ESo (Marta)

        Sesíóns de luns para 1º ESO A e B

        Sesión de martes para 1º ESO A, sesión de mércores para 1º ESO B

        Nesta sesión imos repasar e reforzar conceptos vistos na 1ª avaliación, importante sobre todo para aqueles alumn@s que non superaron os contidos.

      • Semana do 27 ao 30 de abril

        PODEMOS SAIR....UNHA HORA

        Chic@s, xa podedes sair unha horiña!!!!!! Espero que o estedes disfrutando.

        Imos comenzar cun tema novo, o PARKOUR, que xa vos anunciara. Tranquil@s, que as propostas van ser moi fáciles. O máis importante de todo vai ser a SEGURIDADE. SEgún vaiades sabendo máis deste deporte, máis respetaredes este principio, e, sobre todo, NUNCA faremos cousas das que non esteamos segur@s. Vai ser, fundamentalmente, un traballo de inicio ás habilidades ximnásticas, que temos en 2º.

        Xa veredes, vaivos gustar. Imos aló.

        PARKOUR

        O primeiro que se nos ven á cabeza ao escoitar a palabra PARKOUR , é a rapaces e rapazas dando saltos imposibles polos parques, entre edificios. Eso é o producto final, e non o imos facer, ou polo menos non así no instituto. Tampouco facemos salto mortal con pirueta, ainda que vexamos unha competición de ximnasia deportiva.

        Trátase de explorar as posibilidades deste deporte, aplicándoas á nosa realidade. Que a algún/ha lle picou o vermiño? Pois escolas de aprendizaxe especializadas neste deporte.

        Ten sentido, non?

      • INFORMACIÓN IMPORTANTE

        VIDEOCONFERENCIA CON MARTA 

        A partir do próximo luns 4 de maio, vou ter aberta a miña sala personal de Webex,no seguinte horario

        1º ESO A: de 10:30 a 11:00

        1º ESO B: DE 12:00 A 12:30

        Esta ferramenta está dispoñible para consulta de calquera dúbida, información, etc. que queirades consultarme.

        INSTRUCIÓNS

        Abrides Webex e entrades na miña sala personal, o nº é: 233 294 680

        Non vos teño que invitar, entrades vós se tedes algo que queirades preguntar, compartir, etc.

        • Semana do 4 ao 8 de maio

          Vouvos colgar aquí abaixo os apuntes da 2ª avaliación. Así @s alumn@s que teñan que recuperar, xa poden aproveitar. E, en xeral, para tod@s, porque imos recordar que xa aí falaramos do parkour. Vouvos poñer unha pouquiñas preguntas, relacionando ambas cousas.

          Nesta semana, ademáis continuamos traballando o Parkour, que aínda levades feitas moi pouquiñas cousas. Hai que profundizar un pouco. Así que a TAREFA PRÁCTICA consiste en continuar realizando eses videos. 

        • Semana do 11 ao 15 de maio

          PARKOUR QUIZIZ

          Déixovos aquí uns xogos online, moi divertidos e que axudan a que aprendas e tamén memorices os conceptos básicos que estamos vendo no parkour.

        • TAREFA PARKOUR CORREXIDA

          Tedes no seguinte arquivo a corrección da tarefa 11 de maio

        • PROBA DE ASIMILACIÓN DE CONTIDOS

          O luns 18 de maio, aproveitando a videoconferencia, faremos un cuestionario que enviaredes directamente na Aula virtual. Quen NON PODA conectarse, que me envíe un correo electrónico e envíolle á mesma hora que a videoconferencia o CUESTIONARIO, tendo que enviarmo coas respostas durante o tempo que dure a videoconferencia.

          Esta proba esta´ra baseada nos conceptos básicos do PARKOUR, que aparecen nas fichas, nas tarefas realizadas e nos QUIZZIZ de práctica.

          Podedes seguir enviando ata ese día, videos coas vosas prácticas. Logo comenzaremos con outra unidade didáctica.

          • REFLEXIÓN PARKOUR

            Non valen excusas.

          • Semana do 18 ao 22 de maio

            DEPORTE É SAÚDE

            Achegamento aos deportes de equipo nun contexto de distanciamento social. Que podemos facer?, con que?, como?, onde?

            Ao longo das semanas que quedan de curso, intentaremos dar resposta a eses interrogantes. Algo poderemos facer, como comentamos xa na videoconferencia. 

            E sei que moit@s de vós, (@s apaixonad@s dos balóns), estades esperando ansiosamente este momento. Pero recordade, ante todo, PROTECCIÓN E MEDIDAS DE DISTANCIAMENTO. (2 metros, polo menos)

          • Semana do 25 ao 29 de maio

            Ola, chic@s! 

            Como falamos a semana pasada, imos cos deportes de equipo. Imos facer uns cuestionarios iniciais, para ver canto sabemos, e dentro de 15 días farémolos de novo (parecidos), a ver se aprendimos ou melloramos.

            Vouvos poñer tamén uns videos con RETOS CON BALÓN, que serán os que teredes que ir facendo. Se xa fixestedes algún, como vos dixen o outro día, tamén conta. Pero xa vos vou pedir habilidades máis concretas.

          • MEDIDAS FASE 2 PARA O SECTOR DEPORTIVO

            Un enlace á información do "Consejo General de la Educación Física y Deportiva"

          • Semana do 1 ao 5 de xuño

            Nesta sección incluirei varias cuestións:

            • corrección do cuestionario deportivo
            • PDF cos criterios de cualificación das tarefas realizadas neste periodo NON PRESENCIAL
            • información para a realización da tarefa práctica da semana: "RETO CON BALÓN II"
          • Semana do 8 ao 12 de xuño

            UNIDADE DIDÁCTICA: "INICIACIÓN AOS DEPORTES DE EQUIPO"

            Juego de pelotas de diferentes deportes en un montón. equipo para ...

            Comenzamos hai 15 días, realizando actividades que teñen como eixo os deportes de equipo. Fomos enfocando a tres, en concret: voleibol, fútbol e baloncesto. Hai características similares en todos os deportes de equipo. 

            Imos rematar o curso cun cuestionario bastante máis completo que o do principio, pero tampouco moi difícil. Ademáis, vou poñer uns apuntes de axuda para poder contestar ás preguntas.

            E, para rematar, agora si, unha última tarefa práctica: RETOS CON BALÓN 3. Tedes que facer o mesmo que no reto anterior, pero dun segundo deporte, de entre os tres que estamos a ver, é decir: voleibol, baloncesto, fútbol.

            Enlázovos a continuación material de consulta e cuestionario.

          • A XEITO DE DESPEDIDA...UN ATA PRONTO

            NOTA AVALIACIÓN FINAL ORDINARIA

            Se queredes saber a vosa nota final en Educación Física, tedes que enviarme unha petición ao meu correo electrónico (@s que fixéstedes algunha actividade no período NON PRESENCIAL), para que poda dar a información a cada un/ha de vós, persoalmente. Contestareivos a partir do próximo luns, 15 de xuño. 

            Veña, que xa toca praia!!!!!

            A practicar moito deporte este verán. 

            COIDÁDEVOS MOOOOOOITO!!!!