Esquema de temas

  • ORIENTACIÓN DEPORTIVA

    Serie de fichas para practicar dende a casa aspectos básicos da orientación, simboloxía, cores do mapa, controis, localizacións, ...

    Non é necesario imprimilas. contestades nun folio. correxímolas á volta.

  • ZUMBA

    Vouvos mandar varios enlaces cos temas que estivemos practicando na clase. Tamén tedes na carpeta de 3º eso B, enlaces a outras sesións de Zumba, que podedes tamén practicar. Virá moi ben para este confinamento obrigado. Estar na casa non significa estar inactiv@s. Ánimo. Vémonos en nada.

  • Semana 23 /03-27/03

    ZUMBA (máis videos)

    Enlaces a videos. algúns para repasar (practicados xa nas clases). Outros son novos. Ides practicando, non vos dará tempo nunha sesión semanal, así que distribuides nas dúas semanais. 

  • Semana do 30 de marzo ao 3 de abril

  • VOLTAMOS DAS VACACIÓNS

    Ola, chic@s!!! Rematan as vacacións, pero non o confinamento, así que termos que seguir traballando a distancia. Moit@s de vós xa contactáchedes conmigo antes das vacacións, así que espero ir seguindo o voso traballo (ata que o confinamento remate, esperemos que pronto!!!); o resto, ide empezando a contactar, se non, como sei que seguides a vosa formación desde casa????

    A miña intención é propoñervos tarefas o máis prácticas posible, dentro das circunstancias, e para iso, hai que poñerlle algo de creatividade, vós e eu tamén. A ver que sae! En principio, imos retomar o que estabamos a ver, o tema da forza, vou intentar darlle un enfoque potenciando a práctica física, para iso pedireivos (xa volo explico máis adiante), que realicedes algún video de exercicios que impliquen o traballo de forza de diferentes grupos musculares. Máis adiante, veremos de enfocar esto cara o ACROSPORT (enlazando forza e flexibilidade). Espero que sirva para que fagades algo de exercicio, tan importante para desestresarnos nestas circunstancias que vivimos.

    Pois o dito, a traballar, e se o pasades ben facéndoo, pois moito mellor, xa me dou por satisfeita.

    • Semana do 14 ao 17 de abril

    • Semana do 20 ao 24 de abril

      Repaso e posta ao día das tarefas pendentes.

      Esta semana ímola adicar a que aqueles alumn@s que non realizaron tarefas, vaian poñéndose ao día.

      Para a semana próxima xa comezaremos co tema de ACROSPORT.

      Aproveitade @s alumn@s que tedes que superar avaliacións anteriores, para superar eses contidos.

      Tedes tamén os RETOS postos na semana anterior. Mandade videos cortiños, tipo tiktok ao meu correo.

    • ACROSPORT Semana do 27 ao 30 de abril

      Como xa vos anunciei a semana pasada, imos comezar con ACROSPORT. Empezaremos moi pouco a pouco, lendo os apuntes e fixándonos ben, sobre todo, no tema da SEGURIDADE ao realizar as prácticas. comenzaremos con figuras individuais, e logo, se alguén quere colaborar nas vosas casa, intentaremos facer figuras de parellas, tríos, etc. Tamén podemos recurrir ao ACROSPORT VIRTUAL (xa o veremos).

      O acrosport é un deporte no que traballeremos moito a postura corporal, a nosa forza e flexibilidade. Espero que vos guste tanto como a min.

    • INFORMACIÓN IMPORTANTE

      VIDEOCONFERENCIA CON MARTA 

      A partir do xoves 30 de abril, todos os xoves, vou ter aberta a miña sala personal de Webex,en horario de 10:00-10:30

      Esta ferramenta está dispoñible para consulta de calquera dúbida, información, etc. que queirades consultarme.

      INSTRUCIÓNS

      Abrides Webex, dádeslle a unirse á reunión. Cando vos pida un identificador, poñedes o da miña sala personal, o nº é: 233 294 680

      Non vos teño que invitar, entrades vós se tedes algo que queirades preguntar, compartir, etc.

      • Semana do 4 ao 8 de maio

        Seguimos nesta semana a traballar ACROSPORT. 

        @s que non fixechedes o traballo de figuras individuais, empezade primero por aí. E enviade despois todo xunto. (Individuais e parellas)

      • Semana do 11 ao 15 de maio

        Nesta semana non vos deixei traballo en espera de que rematarades as fichas de figuras individuais e de parellas. Pero como quero xa  rematar esta unidade didáctica, convócovos para o próximo xoves 21 de maio a unha PROBA DE ASIMILACIÓN DE CONTIDOS DE ACROSPORT. Na hora da videoconferencia, ás 10:30 colgarei na Aula virtual un cuestionario tipo quiziz, sobre os contidos de acrosport que están nos apuntes, así como a información obtida do traballo, fichas e os propios quiziz. 

        Ese mesmo día, como data tope, entregaredes a seguinte TAREFA

      • Semana do 18 ao 22 de maio

        Esta semana rematamos con acrosport, temos pendente a tarefa final práctica e o cuestionario de asimilación de contidos o xoves.

        EXEMPLOS PARA A REALIZACIÓN DA TAREFA FINAL PRÁCTICA DE ACROSPORT

        Tedes nos seguintes apartados uns exemplos de como podedes facer o traballo dun xeito sinxelo, aínda que coa colaboración da familia, claro. O importante é moverse, estar activ@s , san@s e se podemos en forma, mellor.

      • Semana do 25 ao 29 de maio

        Vai aquí a penúltima tarefa do curso, trata contidos traballados ao longo de todo o curso en relación a diferentes cualidades físicas e motrices, así que serve de repaso, reforzo e ampliación.

      • AÍNDA QUEDA XUÑO, ASI QUE...

        para que vaiades valorando o que levades feito e o que queda por facer, aí vai ....

        INFORMACIÓN NOTA FINAL

        Tedes aquí o documento no que explico a calificación das diferentes tarefas que vos propuxen ao longo deste periodo especial.

        A táboa do principio está en branco porque non vou publicar en aberto as tarefas d@s demais, así que na semana do 15 de xuño, quen queira saber a nota final, ten que enviarme un correo electrónico, para que lle poda desglosar polo miúdo a sua cualificación.

        Para calqueira dúbida, xa sabedes.

      • Semana do 1 ao 5 de xuño

        Nesta semana continuade coa tarefa final da pirámide de actividade física (recordade: entrega a semana próxima), e ademais faremos unha última tarefa relacionada coa

        ALIMENTACIÓN SAUDABLE

      • RECUPERACIÓN FINAL XUÑO 2020

        INSTRUCIÓNS RECUPERACIÓN XUÑO 2020

        Esta é a convocatoria para o alumnado que teña que recuperar a materia de Educación física, correspondente ao curso de 3º de ESO A, curso 2019-20.

        Dito alumnado terá que conectarse a través da plataforma CISCO WEBEX, entrar na sala personal da profesora o día 10 de xuño, ás 10:00 horas, con cámara e micros activos. A proba consistirá nun cuestionario, similar aos xa enviados de proba, que haberá que realizar durante o tempo que dure a mesma.

        Para calquera dúbida, antes da proba, rógase contactar no correo electrónico da profesora.

        • RECUPERACIÓN XUÑO 2019/20

          Exame correspondente á convocatoria ordinaria xuño 2019/20

          • CUALIFICACIÓN AVALIACIÓN FINAL

            Agora si que si, xa rematamos.

            Se queredes saber a vosa nota final en Educación Física, (@s que realizáchedes algunha actividade durante o período NON PRESENCIAL) teredes que enviarme un correo electrónico para que me quede constancia da vosapetición, e vos poda dar a información de xeito individual, persoalmente. Non responderei eses correos antes do luns 15 de xuño.

            Agora a desfrutar da praia, do aire libre,...

            Practicade moito deporte no verán.

            COIDÁDEVOS MOITÍSIMO!!!!!!

            FELIZ VERÁN!