Departamento de Francés - A partir do luns 16/03 continuamos coa actividade docente por email e aula virtual durante o peche temporal das aulas.Aquí deixo a adatación das programacións de Francés e Valores para o terceiro trimestres tendo en conta o confinamento por COVID e as instrucións da Consellería de Educación, o esquema resumo destas adaptacións e as rúbricas relativas á avaliacións dos trabalos durante estes días foron enviadas aos alumnos a través dos enderezos de email facilitados.
Con motivo da festa de despedida da nosa auxiliar de conversa francesa, Lucie Sanchez, as alumnas de 4º de ESO levaron a escena unha pequena peza de teatro representada íntegramente en francés, que ensaiaron con ela durante todo o curso.
Podedes disfrutar desta obra no seguinte enlace: teatro
Viaxe a Londres dos alumnos/as de 4º e 4ºPDC, do 9 ao 13 de abril do 2013. Podes ver un vídeo con fotos aquí:
http://www.youtube.com/watch?v=oOazlCw8JzA
Na última semana de outubro celebramos o noso tradicional concurso de cabazas. A entrega de premios será o xoves 27 no recreo. Se queres ver un vídeo das cabazas de anos anteriores pincha aquí.
Durante a última semana de outubro celebrouse o VI Concurso de Cabazas de Halloween. A novidade este ano foi a participación do Departamento de Galego cunha exposición de traballos sobre o Samaín.
O primeiro Premio foi para CHRISTIAN GARCÍA SANDAMIL de 2º ESO.