Estereotipos de xénero na actividade física e no deporte.

O alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha clase sobre prexuizos e estereotipos de xénero no ámbito da actividade física e o deporte, dentro da materia de educación física. 

As Sinsombrero

Día histórico hoxe no IES Fonmiñá! Ata voaron sombreiros!. Isto foi o que aconteceu: Estaba unha das profesoras de Lingua Castelá e Literatura explicando a autoría dos poemas cos que estivera traballando o alumnado nesta semana da poesía cando, de súpeto, un sombreiro voou pola aula. Unha casualidade, tendo en conta que os poemas foron escritos polas Sinsombrero, unha xeración de mulleres que participou na modernización social e cultural da España dos anos 20 e 30, mais totalmente olvidada polos libros de texto.

Alguén chamou á porta e... alí estaban Luisa Carnés, Federica Montseny, Ernestina de Champourcín, Carmen Conde, María Moliner, Silvia Mistral, Rosa Chacel, Concha Méndez, María Zambrano, María Teresa León e Josefina de la Torre! Vaia sorpresa! Estiveron a contarnos a súa vida (ben dura nalgúns casos), o seu interese pola literatura, a súa obra... E, antes de marchar, agasalláronnos cun marcapáxinas, co nome delas, fotografía e cita literaria, e cunha mensaxe moi importante: elas tamén están nos nosos libros.

Moitísimas grazas ás nosas nenas de 4.° ESO por todo o seu traballo e magnífica interpretación! Moitas grazas tamén aos nosos nenos de 4.° pola creación dos marcapáxinas! E grazas tamén a todo o alumnado e profesorado do centro, pola súa atención e interés!

 

Publicidade e sexismo

O xoves 11 de febreiro, o alumnado de 3º da ESO participou nunha charla sobre "Violencia de Xénero na publicidade e nos medios audiovisuais" no marco das actividades do Plan Proxecta 2020-21 "Por 365 días de respecto e igualdade".

Con A de Astrónomas

Hoxe 11 de febreiro conmemórase o Día da Muller e a Nena na Ciencia. No IES Fonmiñá o profesorado científico fixo unha visita guiada cos distintos grupos de alumnos e alumnas pola exposición “Con A de Astrónomas”, exposición que pretende visibilizar a todas as mulleres astrónomas que tiveron un papel relevante nesa disciplina, con maior ou menor recoñecemento.

Videoconferencia “Só a ciencia nos rescatará da pandemia”, a cargo de Sonia Villapol.

O luns 16 de novembro o alumnado de 4º ESO asistiu á videoconferencia “Só a ciencia nos rescatará da pandemia”, a cargo de Sonia Villapol, investigadora natural de Bretoña, que desenvolve a súa carreira no Texas Medical Center (Houston, EEUU), e forma parte do equipo de in

HORARIOS DOS GRUPOS NO CASO DE CONFINAMENTO DURANTE O CURSO 2020-2021

No caso de confinamento dun grupo ou de todo o centro, estes son os horarios "espello" que rexerán (ver ficheiro adxunto) o tempo que dure o mesmo.

As clases destacadas en cor laranxa serán impartidas telematicamente e o alumnado deberá conectarse ao sistema de videoconferencia habilitado pola consellería.

Durante as clases destacadas en cor verde, o alumnado deberá realizar as tarefas da materia correspondente.

Programa de orientación académica e profesional "Orientaline"

Xa tedes a vosa disposición o acceso ao programa Orienta de orientación académica e profesional na súa versión online (Orientaline) para o curso 2020-21. Podedes acceder entrando na sección de Orientación Académica da Aula Virtual do IES Fonmiñá. Alí atoparedes cuestionarios, itinerarios e todo tipo de información sobre as posibilidades académicas e profesionais.

Plan Proxecta "Donas de si". Cine e igualdade: Agora

Enmarcada no programa Donas de si, o alumnado de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional de 4ºESO viron a película Agora, de Alejandro Amenábar. Con esta actividade preténdese visibilizar as figuras das mulleres pioneiras en diferentes disciplinas científicas para así fomentar as vocacións entre as nosas rapazas ademais de animalas ao emprendemento.

Plan Proxecta "Donas de si". Visita da escritora Eva Mejuto

O día 22 de outubro contamos no noso centro coa presenza da escritora Eva Mejuto, que nos veu falar dunha das súas obras, Memorias do silencio, e nos invitou a reflexionar sobre o papel das mulleres na historia.

Distribuir contido