O noso centro

Oferta educativa

O I.E.S. Fonmiñá da Pastoriza é un centro público de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).

A nosa oferta educativa contempla en 1º e 2º a posibilidade de habilitar agrupamentos nas materias instrumentais (Linguas e Matemáticas). Tamén contamos cunha profesora de apoio (Pedagoxía Terapéutica) para todos aqueles alumnos que presenten dificultades académicas continuadas. Así mesmo, contamos con reforzar a comprensión e expresión, tanto oral como escrita, a través das novas materias de libre configuración.

Neste curso, contamos con continuar coa nosa participación no Plan Proxecta, un programa de innovación educativa ofertado pola Consellería de Educación. Son proxectos voluntarios nos que se favorece a educación en valores. 

Ademais, o noso instituto segue a participar no Proxecto Edixgal da Consellería de Educación, polo que os nosos alumnos disfrutan de aulas totalmente informatizadas, con ordenadores para o seu uso persoal, nun intento de mellorar as súas competencias no uso das novas tecnoloxías.

 

Distribuir contido