Con A de Astrónomas

Hoxe 11 de febreiro conmemórase o Día da Muller e a Nena na Ciencia. No IES Fonmiñá o profesorado científico fixo unha visita guiada cos distintos grupos de alumnos e alumnas pola exposición “Con A de Astrónomas”, exposición que pretende visibilizar a todas as mulleres astrónomas que tiveron un papel relevante nesa disciplina, con maior ou menor recoñecemento.

Videoconferencia “Só a ciencia nos rescatará da pandemia”, a cargo de Sonia Villapol.

O luns 16 de novembro o alumnado de 4º ESO asistiu á videoconferencia “Só a ciencia nos rescatará da pandemia”, a cargo de Sonia Villapol, investigadora natural de Bretoña, que desenvolve a súa carreira no Texas Medical Center (Houston, EEUU), e forma parte do equipo de in

HORARIOS DOS GRUPOS NO CASO DE CONFINAMENTO DURANTE O CURSO 2020-2021

No caso de confinamento dun grupo ou de todo o centro, estes son os horarios "espello" que rexerán (ver ficheiro adxunto) o tempo que dure o mesmo.

As clases destacadas en cor laranxa serán impartidas telematicamente e o alumnado deberá conectarse ao sistema de videoconferencia habilitado pola consellería.

Durante as clases destacadas en cor verde, o alumnado deberá realizar as tarefas da materia correspondente.

Programa de orientación académica e profesional "Orientaline"

Xa tedes a vosa disposición o acceso ao programa Orienta de orientación académica e profesional na súa versión online (Orientaline) para o curso 2022-2023. Aquí atoparedes cuestionarios, itinerarios e todo tipo de información sobre as posibilidades académicas e profesionais.

Plan Proxecta "Donas de si". Cine e igualdade: Agora

Enmarcada no programa Donas de si, o alumnado de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional de 4ºESO viron a película Agora, de Alejandro Amenábar. Con esta actividade preténdese visibilizar as figuras das mulleres pioneiras en diferentes disciplinas científicas para así fomentar as vocacións entre as nosas rapazas ademais de animalas ao emprendemento.

Plan Proxecta "Donas de si". Visita da escritora Eva Mejuto

O día 22 de outubro contamos no noso centro coa presenza da escritora Eva Mejuto, que nos veu falar dunha das súas obras, Memorias do silencio, e nos invitou a reflexionar sobre o papel das mulleres na historia.

REVISTA PETISCOS Nº 9

Xa está aquí a revista do curso 2019-2020 do IES Fonmiñá!. Accede a ela facendo clic no seguinte enlace:

Revista Petiscos nº9.

Aberto o prazo de reserva de praza para o curso 2020/2021.

Este procedemento non afecta ao alumnado que se incorporará procedente dos colexios do concello de A Pastoriza: CEIP O Salvador, e CEIP de Bretoña.

As solicitudes se poden presentar desde o 11 ao 18 de maio, o centro permanecerá aberto en horario de 10:00 a 13:00.

Distribuir contido