Concurso de lemas contra a Violencia de Xénero

A Secretaría Xeral de Igualdade e a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional convocan o concurso conmemorativo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra cada 25 de novembro.

Este ano o concurso enfócase cara a construción de lemas relacionados coa violencia de xénero co fin de promover a erradicación desta violencia e poñendo o foco na prevención, na detección precoz e na intervención.

Tema: reflexión contra a violencia de xénero
Destinatarios: centros de ensino públicos e concertados, que impartan ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional.
Participación: equipos guiados por 1 docente e constituídos por alumnado; procurarase a representación equilibrada entre o alumnado
Categorías:

  • 1ª categoría: alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO
  • 2ª categoría: alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato, FP básica, ciclos de grao medio, ciclos de grao superior

Prazo de presentación dos traballos: ata o 19 de novembro de 2020 (ás 13.00 h)

Indicacións para os envíos:os lemas remitiranse por correo electrónico a premios25n.igualdade@xunta.gal

Pódense consultar as bases completas no documento anexo.