XIX Concurso de relato oral "TÍRALLE DA LINGUA"

Este curso 2020-21 presenta modificacións importantes en canto á celebración da súa fase final,  non poderá ser presencial dada a situación derivada da pandemia que estamos a sufrir e que fixo mudar moito as cousas.

Aínda así, parécenos importante seguir adiante con un proxecto que tenta incentivar e normalizar o uso oral da nosa lingua, rachar con prexuizos e converter o galego en instrumento de comunicación normal. 

A data de inscrición é antes do 19 de novembro, como figura nas bases. Realizada a fase de selección previa nos centros, as historias que van á fase final serán gravadas e enviadas á AS-PG en formato mp4, até o día 25 de novembro ás 14:00h. Todas as historias  da  fase final serán aloxadas nunha canle da web da AS-PG para poderen ser visualizadas polos centros participantes. No seu momento enviaremos o enlace.

O día 30 de novembro realizarase a fase final de xeito non presencial, e daranse a coñecer as historias gañadoras e os centros.

O concurso vai destinado a tres niveis académicos.

    1) Primaria.

    2) 1º Ciclo de ESO.

    3) 4ºESO e ensino postobrigatorio.

 Os dez primeiros centros que comuniquen o seu compromiso de ir a fase final, poden solicitar unha sesión con profesionais que traballan no ámbito da oralidade: contacontos, xente do teatro e da comunicación.

Bases do concurso Tíralle da lingua