Departamento de Música


 

A música é unha arte universal

 

“La Música da alma al universo, alas a la mente, vuelos a la imaginación, consuelo a la tristeza, vida y alegría a todas las cosas”.

Platón (filósofo griego, 427-347 a. C.).

 

 

 Materiais didácticos para os alumnos. Cursos: 2º, 3º e 4º E.S.O.

 

  1. Frauta doce soprano con dixitalización alemá de 8 orificios.

 

Fabricación en plástico ou madeira.

 

Marcas: Hohner, Yamaha, Zen-On, Moeck.

 

É aconsellable dispoñer de funda e limpador para un axeitado mantemento do instrumento.

 

  1. Arquivador de 4 aneis tamaño folio A4.

 

Tes que conservalo durante os anos que teñas música.

 

  1. Papel pautado dunha cara tamaño A4.

 

            Na Conserxaría hai un exemplar que podes fotocopiar.

 

            Para comezar o curso necesitas 10 copias. 

 

            Tamén podes descargalo e imprimilo na túa casa: Papel Pautado.pdf

 

E por suposto, non se che esqueza traer os materiais á clase.

 

 

 

Materiais inmateriais”. Trátase de materiais que non se poden mercar e, xa que logo, debes telos presentes ao longo do curso académico. Seguro que che soan:

 

  • Procura manter sempre o entusiasmo por aprender e a ilusión por mellorar.

  • Ten forza de vontade e actitude positiva fronte ao traballo diario.

  • Respecta as normas de convivencia do Centro, os compañeiros e profesores. Recorda que formas parte dunha comunidade educativa.

  • Organiza ben o teu horario de estudo e descanso. Busca un bo ambiente para traballar.

  • Hábitos de vida saudables: durme ben, mantén unha alimentación equilibrada e fai deporte.

  • Finalmente, coida das túas amizades, da túa familia … e pásao ben.

  

Unha pequena reflexión final:

Música... ¿para qué?. Musinetwork School of Music.

Para expresar, para cambiar, para callar, para ser diferentes, para ser iguales, para unir, para fortalecer, para armonizar....