Valorando o uso e o abuso dos videoxogos

En 2019 a Organización Mundial da Saúde incluíu entre a lista de condutas adictivas o trastorno por uso de videoxogos.

Convidámosche a realizar o seguinte test para que comprobes se podes ser unha persoa adicta aos videoxogos. Ligazón ao test.

Cales son as claves para detectar se alguén é adicto aos videoxogos? Pensa nos seguintes puntos:

- Perder o control sobre o tempo de xogo

- Pasar cada vez máis tempo xogando e priorizar este tempo fronte a outras actividades recreativas, familiares...

- Mentir para poder xogar ou ocultar que o estamos facendo

- Cambiar de humor polos resultados que obteñamos no xogo.

Non cabe dúbida que un abuso das videoconsolas conleva consecuencias para a saúde física, emocional e psicolóxica.

Queremos elaborar unha curtametraxe sobre o tema, pero antes gustaríanos saber a túa opinión.

Para enviar comentarios debes iniciar sesión o rexistrarte.