Skip to Content

Información

INFORMACIÓN DA BIBLIOTECA

O IES Enrique Muruais conta cunha biblioteca que permanece aberta en horario lectivo de 9:35 ata ás 15:00 da tarde. No presente curso conta cun equipo formado por 7 profesores e profesoras de distintas áreas. Música, Inglés, Matemáticas; Lingua Galega e Lingua Castelá. Ademais do profesorado o alumnado tamén está moi involucrado coa Biblioteca e contamos neste curso con 18 alumnos e alumnas que colaboran nos recreos na organización de actividades.

Ademais de libros conta con outro tipo de materisis a disposición da comunidade educativa, tales como películas, xogos, prensa, etc. Todos os recursos, a excepción do xornal, pódense levar para a casa por un período de 15 días renovables. Dispón de catro postos informáticos que poden ser usados polo alumnado e desde os que poden imprimir directamente na fotocopiadora de Conserxería.

Dende o curso 2019/2020 a Biblioteca do noso centro forma parte do PLAMBE.

Premendo sobre a imaxe poderás acceder á galería de imaxes da BIBLIOTECA

Distribuir contido


by Dr. Radut