Skip to Content

ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL

ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL

QUE É?

A acreditación da competencia dixital é un procedemento para demostrar os coñecementos informáticos e dixitais obtidos durante a ESO e Bacharelato, a través do estudo e de probas específicas. O resultado é un certificado, ComDix, que se entrega de forma gratuíta, e que ten unha validez de 5 anos.

NIVEIS

ComDix Iniciación: Recíbese automaticamente co graduado na ESO.

ComDix Intermedio: É un certificado modular, ten 5 áreas independentes. Hai dúas formas para obtelo, dependendo do itinerario de estudo.

  • 1. BACH: O alumnado de 2º BACH que titule, obtén automaticamente os módulos 1, 2, 3 e 5. Ten que facer unha proba específica para aprobar o módulo 4. 2.
  • ESO: Alumnado de 4 ESO que supere unha proba específica das 5 áreas. Pensado para alumnado que non sabe se vai continuar cos estudos de BACH.

PROBAS

Data límite para inscribirse: 15 de marzo

  • Proba módulo 4 (2 BACH): Solicitude a través do anexo IV no centro. A proba realízase no mes de abril.
    • Área de dominio: Seguridade e privacidade
    • Duración: 20 minutos, 12 preguntas
    • É necesario superar correctamente o 60% das preguntas

 

  • Proba nivel intermedio (4 ESO): Solicitude a través do anexo IV no centro. A proba realízase no mes de maio.
    • Cinco áreas de dominio (Información e datos, comunicación e colaboración, creación de contido dixital, seguridade e privacidade, contorna dixital e solución de problemas).
    • Duración: 90 minutos, 60 preguntas
    • É necesario superar correctamente o 60% de cada módulo, e un 70% do total das preguntas.

 

Exemplo interactivo da proba aquí

QUE PASA SE NON CONSIGO O TÍTULO? 

  • Se superas a proba específica (módulo 4 ou completa), pero non titulas en BACH ou ESO, podes solicitar un certificado das áreas de dominio superadas, cubrindo a solicitude do anexo I e entregándoa no centro.
    • Prazo: ao remate das clases lectivas do centro.

 

  • Se non superas a proba específica ao completo, pero titulas na ESO, podes solicitar un certificado das áreas de dominio superadas, cubrindo a solicitude do anexo I e entregándoa no centro.
    • Prazo: ao remate das clases lectivas do centro.

 

CURSOS 2021/2022 E 2022/2023 

  • Se obtiveches o título da ESO durante eses cursos, e tiveches un mínimo de 3 cursos de formación E-Dixgal, podes solicitar, a través dos anexos V, a acreditación das competencias dixitais.
    • Prazo: 2 ao 15 de maio.

MÁIS INFORMACIÓN 

 
 

Charla Mari Luz Loureiro

O venres 23 de Febreiro contamos, no noso centro, coa presenza de Mari Luz Loureiro ,catedrática de Economía da USC.

Unha profesional que nos soubo transmitir excelentemente a importancia do traballo e da actitude persoal, da constancia, da fortaleza...mais, sobre todo, como a humildade e a empatía son as características fundamentais para alcanzar a felicidade.

Mari Luz, nada na Pontenova, soubo manter a nosa atención durante case dúas horas polo acerto e delicadeza das súas palabras.
GRAZAS por vir, saber transmitir tan ben e por ensinarnos tanto.
Foi un auténtico pracer.

 

 
 

Comezo da actividade lectiva.

COMEZO DA ACTIVIDADE LECTIVA LUNS 11 DE SETEMBRO:

  • ESO e Bacharelato: 9:35 a 15:00, os servizos complementarios, transporte e comedor escolar tamén, ás súas horas habituais.
  • Ciclos formativos: 8:45 a 15:00.

Prazo de matrícula curso 2023/2024

PRAZO DE MATRÍCULA CURSO 2023/2024

 

ESO e BACH do 23/6/23 ata o 7/7/23. Documentación necesaria para a matrícula

FP do 23/6/23 ato o 5/7/23; Calendario prazos de admisión.

 

 

Convocatoria material escolar.

Achégase a convocatoria para a solicitude de material escolar para o curso 23-24.

Día de Europa 2023.

Co gallo do día de Europa 2023 achegámonos aos museos europeos co alumnado de 4º de ESO.

 

Información bolsas

Foi publicada a información sobre as bolsas (becas) do Ministerio de Educación y Ciencia para o próximo curso. Poden atopar mais información no seguinte documento que adxuntamos. Resaltamos que deben facerse de forma telemática ( é dicir, vía internet ) e deben respectar o prazo, do 27 de marzo ao 17 de maio.

 

Extracto convocatorias bosas.

Procedemento de admisión curso 2023-24

Desde o IES Enrique Muruais queremos anunciar que abre o prazo de admisión. Este remata o día 20 de marzo.

-Este procedemento NON o terán que facer as familias do alumnado que sexa procedente dalgún dos centros adscritos (os CEIP de A Pontenova e Riotorto). Este alumnado ten reserva automática. O alumnado que xa está a facer estudos no centro ten tamén reserva automática para o seguinte curso.

-Polo tanto só o ten que facer o alumnado novo no centro. A admisión será adxudicada a quen a solicite. 

As familias teñen á súa disposición as listaxes dos centros adscritos nos que solicitaron reserva de praza nos taboleiros de anuncios dos centros. 

 

Procedemento: debe empregarse o modelo ED550B anexo II, e o anexo II-bis para a comprobación dos membros da unidade familiar. 

O trámite pódese facer de forma telemática na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre e cando se estea en posesión dun certificado electrónico ou da Chave 365. Unha vez cuberto o anexo II-bis, hai que imprimilo, asinalo, escanealo e subilo xunto co anexo II (a solicitude).

Pódese descargar na apicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou dos anexos desta nova e cubrilos e presentalos de forma manual no centro. 

A solicitude poderá ser cuberta e asinada por calqueira persoa titular da patria potestade do alumnado a matricular, cando sexa fillo/a en común dun matrimonio non separado legalmente ou dunha parella de feito inscrita debidamente no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. En caso distinto destes é necesario a sinatura das dúas persoas titulares, salvo que a patria potestade esta atribuída só a unha delas con carácter exclusivo ou en situacións de violencia de xénero. Poderán consultar máis información no documento adxunto coas instrucións xerais.

 

-25 de abril: publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.

-15 de maio: publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos.

-23 de xuño a 7 de xullo: formalización da matrícula. 

A solicitude debe ser única: unha solicitude que se presenta no centro poderá ser anulada pola presentación dunha solicitude posterior noutro centro, indicando por escrito que quedan anuladas as versións anteriores.

 

Enquisa sociolingüística

Con esta enquisa pretendemos analizar os hábitos de uso da Lingua Galega no noso centro, na nosa contorna e no noso alumnado.

Pregámosvos que a realicedes antes do día 05/03/2023.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

Enlace cuestionario proxenitores

Enlace cuestionario profesorado.

Enlace cuestionario alumnado.

Visita didáctica a Santiago de Compostela.

Aqui tedes as fotos, da visita didáctica a Santiago de Compostela, que fixeron os alumno de 1º e 2º de BACH.

 

Cobertura reparación edixgal

Diptico informativo sobre cobertura reparación equipos edixgal.

novas

AVISO URXENTE¡¡¡¡

As persoas solicitantes ou interesadas en participar no novo ciclo medio FP dual (soldadura e caldeirería), deberán presentarse o xoves 14 de Xullo ás 9:00 no IES Enrique Muruais.

 

 

 

COMPRÁCENOS CONFIRMAR QUE NOS FOI CONCEDIDO O CICLO MEDIO DE FP DUAL DE "SOLDADURA E CALDEIRERÍA".

OS/AS INTERESADOS/AS CONTACTEN CO CENTRO.

  


INSTRUCIÓNS SOBRE AS AXUDAS DE MATERIAL PARA O CURSO 2022-23

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) no curso 2022-23 está excluído na participación do fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na seguinte orde.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

Impreso para solicitar a axuda de material escolar.

 


 Co gallo da conmemoración do Día de Europa,o 9 de Maio, achegámonos á realidade europea co Vídeo “Achégate á Gastronomía Europa” realizado polo alumnado de Historia de 4º ESO.

Foi a nosa maneira de percorrer a historia e a realidade europea na que vivimos.

Anímaste e achegaste a Europa?

Feliz Día de Europa!!

 

 

 


 

INFORMACIÓN DAS BECAS PARA O CURSO 2022-23

Este ano cambia o prazo para a solicitude de becas para o curso que vén; a solicitude debe facerse entre o 30 de marzo e o 12 de maio de 2022.

 

 

 


NOVAS REDES SOCIAIS DO CENTRO

 

 

Animádevos a seguir as novas contas do Enrique Muruais!

  


 

 

3 DE DECEMBRO: DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

No IES Enrique Muruais sumámonos á conmemoración deste día tan importante. Aquí podedes ver algunha imaxe; tamén realizamos un vídeo en conxunto cos CEIP de A Pontenova e de Riotorto, onde o noso alumnado demostra que todos e todas estamos Baixo O Mesmo Paraugas...

   

 

 

 

 

 

 

  


MENÚS DO COMEDOR

 

A partir de agora poden consultar o menú mensual do comedor no enlace que hai na parte superior esquerda da nosa páxina web, no apartado Comedor.

    


 

 

PARA CALQUERA DÚBIDA OU XESTIÓN, CHAMEN Ó TELÉFONO DO CENTRO:

 

982 87 00 33

 

 


 

 

AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DE BACHARELATO

Aquel alumnado que queira facer uso do transporte escolar terá que solicitar a tarxeta de transporte público  TARXETA XENTE NOVA nas oficinas de Abanca.

 

 

 

DÍA DO MEDIOAMBIENTE 2021

 

Cada 5 de xuño celébrase o Día do Medioambiente co gallo de fomentar a súa protección e aumentar a conciencia medioambiental.

Relacionado co lema deste ano Conservemos e restauremos os ecosistemas”, fíxose unha exposición cos traballos realizados polo alumnado de 1º, 3º e 4º de ESO sobre a Reserva da Biosfera na que vivimos, os ecosistemas da nosa contorna e o problema que supoñen as especies invasoras e o uso excesivo que estamos a facer dos plásticos.

Ademais, os alumnos e alumnas de 1º de ESO xunto co seu profesor de Bioloxía, plantaron un teixo no exterior do instituto, contribuíndo así a conservación das especies autóctonas.

 

 

 (Clica na imaxe para ver fotos da actividade)

 

 

 


 

 

Finalistas da 40ª edición do concurso  “¿Qué es un rey para ti?”

Un ano máis o alumnado de 1º ESO participou neste concurso de carácter nacional na materia de Plástica e os/as alumnos/as Julia Armada Recalde e Marcos Acebo Linares resultaron finalistas na fase autonómica coa súa participación. A entrega de premios queda aprazada ata setembro/outubro, segundo comunica a organización do concurso. Parabéns ao alumnado e á súa profesora!

 

 

 

 

Podedes ver outros traballos que participaron no concurso neste enlace.

 

 


 

 

DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 2º BAC

 

Remata o seu camiño con nós o alumnado de 2º BAC e queremos desexarlles moita sorte coa nova etapa que agora comezan.

Esperamos que consigades todo o que vos propoñades, porque realmente merecédelo!

ATA SEMPRE!

 

 

 

 

 


 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

 

Como cada ano, o noso centro participou na conmemoración deste evento que nesta ocasión recaeu na figura da poeta luguesa Xela Arias.  

 

  

(Clica na imaxe para máis información) 

 

 

 


 

 

ENERXÍAS RENOVABLES

 

En maio viñeron ó centro traballadores do parque experimental de Sotavento a impartir unha charla ó alumnado de 3º e 4º da ESO, organizada polo departamento de Tecnoloxía, onde nos falaron sobre as diferentes enerxías que se empregan no noso país, explicando con moito maior detalle o funcionamento dalgunhas das renovables que nos resultan máis coñecidas.

Mostráronnos non só maquetas, senón tamén elementos reais empregados para levar a cabo un uso máis “limpo” da enerxía, como placas solares ou fotovoltaicas; mesmo fixeron un chocolate cun mini-forno solar!

 

(Clica na imaxe para ver máis fotos)

 

 

 


 

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE EUROPA

 

Co gallo da conmemoración do Día de Europa, o 9 de Maio, achegámonos á realidade europea coa Exposición dos traballos realizados polo alumnado de Filosofía/Ética/Plástica e co Vídeo “Achégate a Europa” realizado polo alumnado de Historia de 4º ESO e de 1º de Bacharelato.

 

 

 

(Clica na imaxe para ver máis fotos dos traballos realizados)

 

  

 

Foi a nosa maneira de percorrer a historia e a realidade europea na que vivimos.

Anímaste e achegaste a Europa?

 

                        Feliz Día de Europa!! 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

 

Co gallo da conmemoración do Día Mundial da Saúde, o 7 de abril, o alumnado de 1º ESO elaborou unha exposición para lembrar todo o que aprendimos sobre a nosa saúde estes meses de Covid-19.

Non todo o aprendido foi sobre o virus, tamén aprendimos a valorar pequenas grandes cousas coma as apertas.

 

 

(Pincha na imaxe para ver as fotos)

 


 

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

 

Dende o IES Enrique Muruais sumámonos á conmemoración do Día da Muller.

 

  

 

 

 

 


 

 

DÍA DE ROSALÍA 2021

 

Hoxe no noso centro foi día de celebración e celebramos que 184 anos despois do seu pasamento, Rosalía segue moi viva entre nós. Deixamos unha mostra dos traballos realizados polo alumnado do centro.

 

 

Clica na imaxe E PREME NAS NOTAS MUSICAIS para escoitar ó alumnado recitando

 

 

 

 

Traballo realizado polo EDLG, o departamento de EPeV e a colaboración de Marta Dacal.

 


 

 

ENTROIDO 2021

  

Foi un Entroido diferente o deste ano. Aínda así, o EDLG encargouse de que esta festa non pasara desapercibida e o alumnado veu este venres disfrazado ás clases do último día antes das vacacións do Entroido.

 

 

 


 

 

 

DIA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA 2021

 

Celebramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia. O departamento de Bioloxía organizou uns traballos co gallo desta conmemoración con alumnado da ESO e de 1º BAC. Tamén a biblioteca do centro se sumou a esta efeméride, con exposicións e unha videoconferencia con exalumnas que hoxe se dedican ao campo da investigación.

 

 

(Clica na imaxe para ver máis fotos)

 


 

 

DÍA DA PAZ 2021

 

Celebramos no IES o Día da Paz coas aportacións do alumnado de Valores Éticos e Filosofía. Estas actividades realizáronse conxuntamente entre os departamentos de Filosofía e Educación Plástica e Visual.

 

 

 (Pincha na pomba para ver máis imaxes)

 

 

 


 

 

Para despedir o 2020 o alumnado de 1º e 2º ESO quixo demostrar que se lle pode botar un pulso ao COVID bailando o Jerusalema e respectando as medidas de seguridade. Bo Nadal a todos/as e sentidiño nestas datas.  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A COMUNIDADE EDUCATIVA DESÉXAVOS UN BO NADAL!

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 

25 N - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 

 

Con motivo da conmemoración do 25 de Novembro , Día contra a Violencia de Xénero, e dentro das actividades de titoria enmarcadas na Educación en Valores, as/os alumnas/as de Secundaria do IES Enrique Muruais traballaron o valor do RESPECTO como punto de partida para unha sociedade libre de violencia, discriminación e maltrato.

 

Aqui deixamos unha pequena mostra do seu traballo:

 



Actividade realizada polas titoras da ESO en colaboración co Departamento de Orientación.


 

 

Libros de texto

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

 

1º ESO

2º ESO 

3º ESO

4º ESO 

1º BAC

2º BAC

MENÚ DE OUTUBRO DO COMEDOR ESCOLAR

Deixamos á vosa disposición o menú do comedor escolar para o mes de outubro. Bo proveito!!

Folleto uso portátiles edixgal curso 2021/2022

Folleto uso portátiles edixgal para o curso 21/22.

Seguro para os ordenadores edixgal.

Enlace para a consulta do seguro para os portátiles edixgal.

MAIO-XUÑO

 

Finalistas da 39ª Edición do concurso "¿ Qué es un rey para ti?"

Dous alumnos de 1º ESO, Álvaro e Marcos, resultaron finalistas do citado concurso.

Ao longo dos meses de abril, maio e xuño, teríanse que haber celebrado as "finais autonómicas", unha serie de actos institucionais en cada Comunidade Autónoma nos que se expoñen os traballos finalistas e procédese á antrega de diplomas. Nestes actos coñécese o gañador de cada comunidade, que asistirá á Audiencia coa S.M. o Rei.

Debido á situación provocada pola alerta sanitaria, os actos quedaron aprazados e confíase en poder realizalos no primeiro trimestre do Curso 20-21.

___________________________________________________________________________________________________________________________________________

 

Despedida do alumnado de 2º BAC

 

Clicade nesta imaxe para ver unha pequena homenaxe dedicada ó noso alumnado de 2º BAC. 

 

 

  


 

    Visita virtual por Madrid realizada polo alumnado de 3º ESO

  

LETRAS GALEGAS 2020

 

Nin en tempos de pandemia e de crise podemos esquecer a nosa lingua. Para ter información sobre a conmemoración das LETRAS GALEGAS 2020, este ano adicado a Ricardo Carvalho Calero, o Departamento de Lingua Galega e o ENDL poñen e disposición de quen o desexe varias ligazóns que podedes consultar aquí.

Si premedes na imaxe accederedes a un pequeno apuntamento sobre RICARDO CARVALHO CALERO...e indo ao termo AUDICIÓNS CARVALHO CALERO I  e AUDICIÓNS CARVALHO CALERO II do DEPARTAMENTO DE GALEGO podedes escoitar audicións referidas á obra do autor homenaxeado.

 

 Concurso de Fotografía Matemática (edición especial #euficonacasa)

Como cada ano,desde o Departamento de Matemáticas, decidimos convocar o concurso a pesar do confinamento. Tedes imaxinación dabondo para realizar fotografías espectaculares. Animádevos!. Podedes consultar as bases e ao cartaz anunciador.

 

 

 

 

 

MARZO

 

O mércores 4 de marzo fíxose entrega da cesta de Entroido que o alumnado de 4º ESO agasallaba. O número que resultou premiado foi o 265 e o agraciado,

José Manuel Brañanova. Parabéns ao gañador!

  

8 DE MARZO

MESA-COLOQUIO

DÍA DE ROSALÍA

 

 

FEBREIRO

 

 

-

 

 

- VENRES, 7 DE FEBREIRO. SÁIDA DIDÁCTICA A SANTIAGO. 2º,3º E 4º ESO.

- XOVES , 6 DE FEBREIRO. OBRADOIRO SOBRE COMO IDENTIFICAR COMPORTAMENTOS MACHISTAS.ALUMNADO DE ESO E 1º BAC

XANEIRO

- 30 DE XANEIRO : DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

- 22 DE XANEIRO: 3º, 4º ESO E 1º BAC ASISTEN EN LUGO A UNHA CHARLA  CIENTÍFICO-LITERARIA E A UNHA EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

15 DE XANEIRO: SAÍDA DIDÁCTICA  A FERROL  DO ALUMNADO DE 1º E 2º ESO

 

8 DE XANEIRO: VISITA AO  CENTRO DE AUDIOVISUAIS DE LUGO

DECEMBRO

 

Hoxe sábado, 28 de decembro, fíxose entrega da CESTA DE NADAL... 

 

 

Hadorno-para-el-arbol-de-navidad-imagen-animada-0042ano-nuevo-imagen-animada-0015

TEMPO DE NADAL. A COMUNIDADE EDUCATIVA DESÉXAVOS UNHAS FELICES FESTAS!!!

 ano-nuevo-imagen-animada-0015

 

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS.10 de decembro

Comezamos o mes de decembro celebrando a CONSTITUCIÓN e o ESTATUTO DE AUTONOMÍA

 

NOVEMBRO

 

- 29 DE NOVEMBRO.VISITA AO CENTRO DE CONSUMO DE A VEIGA

 

- 27 DE NOVEMBRO. ACTUACIÓN DE TROPA DE TRAPO 

 

- 25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA  ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

- SEMANA DO 18 AO 22: LEVAMOS O LABORATORIO DE CCNN Á BIBLIOTECA

 

- VISITA AO PARLAMENTO, PÓRTICO DA GLORIA E CIDADE DA CULTURA.1º E 2º BAC

OBRADOIRO DE XEOMETRÍA APLICADA

O pasado mércores visitounos Víctor González, arquitecto especialista en bioconstrución, que desenvolveu co alumnado de 2º e 3º de ESO un obradoiro de Xeometría Aplicada.

Cunha metodoloxía práctica e de traballo colaborativo, o alumnado foi quen de comprender conceptos esenciais de xeometría manipulando diferentes obxectos cos que construíron figuras e corpos xeométricos elementais ademais dunha gran cúpula capaz de acoller no seu interior aos trinta alumnos/as participantes no obradoiro así como ao seu profesorado de matemáticas organizador da citada actividade. 

OUTUBRO 2019

OUTUBRO

29 DE OUTUBRO: MAGOSTO E SAMAÍN

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

bandera-de-italia-imagen-animada-0010VIAXE CULTURAL A MILÁN

Catorce alumnos/as de 1º e 2º BAC realizaron unha viaxe cultural  a Milán. Partiron o día 16 de outubro e regresaron o 23. Aquí podedes consultar o cronograma da viaxe. A imaxe corresponde a edición de A Mariña  (ELPROGRESO) do día 30 do mes de outubro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut