AVISO URXENTE¡¡¡¡
As persoas solicitantes ou interesadas en participar no novo ciclo medio FP dual (soldadura e caldeirería), deberán presentarse o xoves 14 de Xullo ás 9:00 no IES Enrique Muruais.
COMPRÁCENOS CONFIRMAR QUE NOS FOI CONCEDIDO O CICLO MEDIO DE FP DUAL DE "SOLDADURA E CALDEIRERÍA".
OS/AS INTERESADOS/AS CONTACTEN CO CENTRO.
INSTRUCIÓNS SOBRE AS AXUDAS DE MATERIAL PARA O CURSO 2022-23
O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) no curso 2022-23 está excluído na participación do fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na seguinte orde.
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).
Impreso para solicitar a axuda de material escolar.
Co gallo da conmemoración do Día de Europa,o 9 de Maio, achegámonos á realidade europea co Vídeo “Achégate á Gastronomía Europa” realizado polo alumnado de Historia de 4º ESO.
Foi a nosa maneira de percorrer a historia e a realidade europea na que vivimos.
Anímaste e achegaste a Europa?
Feliz Día de Europa!!
INFORMACIÓN DAS BECAS PARA O CURSO 2022-23
Este ano cambia o prazo para a solicitude de becas para o curso que vén; a solicitude debe facerse entre o 30 de marzo e o 12 de maio de 2022.
- Clicar aquí para ver pequeno resumo con algunha información importante.
- Enlace á páxina web do MEC (onde está toda a información).
NOVAS REDES SOCIAIS DO CENTRO
Animádevos a seguir as novas contas do Enrique Muruais!
3 DE DECEMBRO: DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL
No IES Enrique Muruais sumámonos á conmemoración deste día tan importante. Aquí podedes ver algunha imaxe; tamén realizamos un vídeo en conxunto cos CEIP de A Pontenova e de Riotorto, onde o noso alumnado demostra que todos e todas estamos Baixo O Mesmo Paraugas...
MENÚS DO COMEDOR
A partir de agora poden consultar o menú mensual do comedor no enlace que hai na parte superior esquerda da nosa páxina web, no apartado Comedor.
PARA CALQUERA DÚBIDA OU XESTIÓN, CHAMEN Ó TELÉFONO DO CENTRO:
982 87 00 33
AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO DE BACHARELATO
Aquel alumnado que queira facer uso do transporte escolar terá que solicitar a tarxeta de transporte público TARXETA XENTE NOVA nas oficinas de Abanca.
- Información xeral sobre a tarxeta.
- Enlace de solicitude ABANCA.
- Oficinas autorizadas de Abanca onde se pode solicitar a tarxeta.
DÍA DO MEDIOAMBIENTE 2021
Cada 5 de xuño celébrase o Día do Medioambiente co gallo de fomentar a súa protección e aumentar a conciencia medioambiental.
Relacionado co lema deste ano “Conservemos e restauremos os ecosistemas”, fíxose unha exposición cos traballos realizados polo alumnado de 1º, 3º e 4º de ESO sobre a Reserva da Biosfera na que vivimos, os ecosistemas da nosa contorna e o problema que supoñen as especies invasoras e o uso excesivo que estamos a facer dos plásticos.
Ademais, os alumnos e alumnas de 1º de ESO xunto co seu profesor de Bioloxía, plantaron un teixo no exterior do instituto, contribuíndo así a conservación das especies autóctonas.
(Clica na imaxe para ver fotos da actividade)
Finalistas da 40ª edición do concurso “¿Qué es un rey para ti?”
Un ano máis o alumnado de 1º ESO participou neste concurso de carácter nacional na materia de Plástica e os/as alumnos/as Julia Armada Recalde e Marcos Acebo Linares resultaron finalistas na fase autonómica coa súa participación. A entrega de premios queda aprazada ata setembro/outubro, segundo comunica a organización do concurso. Parabéns ao alumnado e á súa profesora!
Podedes ver outros traballos que participaron no concurso neste enlace.
DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 2º BAC
Remata o seu camiño con nós o alumnado de 2º BAC e queremos desexarlles moita sorte coa nova etapa que agora comezan.
Esperamos que consigades todo o que vos propoñades, porque realmente merecédelo!
ATA SEMPRE!
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021
Como cada ano, o noso centro participou na conmemoración deste evento que nesta ocasión recaeu na figura da poeta luguesa Xela Arias.
(Clica na imaxe para máis información)
ENERXÍAS RENOVABLES
En maio viñeron ó centro traballadores do parque experimental de Sotavento a impartir unha charla ó alumnado de 3º e 4º da ESO, organizada polo departamento de Tecnoloxía, onde nos falaron sobre as diferentes enerxías que se empregan no noso país, explicando con moito maior detalle o funcionamento dalgunhas das renovables que nos resultan máis coñecidas.
Mostráronnos non só maquetas, senón tamén elementos reais empregados para levar a cabo un uso máis “limpo” da enerxía, como placas solares ou fotovoltaicas; mesmo fixeron un chocolate cun mini-forno solar!
(Clica na imaxe para ver máis fotos)
CONMEMORACIÓN DO DÍA DE EUROPA
Co gallo da conmemoración do Día de Europa, o 9 de Maio, achegámonos á realidade europea coa Exposición dos traballos realizados polo alumnado de Filosofía/Ética/Plástica e co Vídeo “Achégate a Europa” realizado polo alumnado de Historia de 4º ESO e de 1º de Bacharelato.
(Clica na imaxe para ver máis fotos dos traballos realizados)
Foi a nosa maneira de percorrer a historia e a realidade europea na que vivimos.
Anímaste e achegaste a Europa?
Feliz Día de Europa!!
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
Co gallo da conmemoración do Día Mundial da Saúde, o 7 de abril, o alumnado de 1º ESO elaborou unha exposición para lembrar todo o que aprendimos sobre a nosa saúde estes meses de Covid-19.
Non todo o aprendido foi sobre o virus, tamén aprendimos a valorar pequenas grandes cousas coma as apertas.
(Pincha na imaxe para ver as fotos)
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER
Dende o IES Enrique Muruais sumámonos á conmemoración do Día da Muller.
DÍA DE ROSALÍA 2021
Hoxe no noso centro foi día de celebración e celebramos que 184 anos despois do seu pasamento, Rosalía segue moi viva entre nós. Deixamos unha mostra dos traballos realizados polo alumnado do centro.
Clica na imaxe E PREME NAS NOTAS MUSICAIS para escoitar ó alumnado recitando
Traballo realizado polo EDLG, o departamento de EPeV e a colaboración de Marta Dacal.
ENTROIDO 2021
Foi un Entroido diferente o deste ano. Aínda así, o EDLG encargouse de que esta festa non pasara desapercibida e o alumnado veu este venres disfrazado ás clases do último día antes das vacacións do Entroido.
DIA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA 2021
Celebramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia. O departamento de Bioloxía organizou uns traballos co gallo desta conmemoración con alumnado da ESO e de 1º BAC. Tamén a biblioteca do centro se sumou a esta efeméride, con exposicións e unha videoconferencia con exalumnas que hoxe se dedican ao campo da investigación.
(Clica na imaxe para ver máis fotos)
DÍA DA PAZ 2021
Celebramos no IES o Día da Paz coas aportacións do alumnado de Valores Éticos e Filosofía. Estas actividades realizáronse conxuntamente entre os departamentos de Filosofía e Educación Plástica e Visual.
(Pincha na pomba para ver máis imaxes)
Para despedir o 2020 o alumnado de 1º e 2º ESO quixo demostrar que se lle pode botar un pulso ao COVID bailando o Jerusalema e respectando as medidas de seguridade. Bo Nadal a todos/as e sentidiño nestas datas.
A COMUNIDADE EDUCATIVA DESÉXAVOS UN BO NADAL!
25 N - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Con motivo da conmemoración do 25 de Novembro , Día contra a Violencia de Xénero, e dentro das actividades de titoria enmarcadas na Educación en Valores, as/os alumnas/as de Secundaria do IES Enrique Muruais traballaron o valor do RESPECTO como punto de partida para unha sociedade libre de violencia, discriminación e maltrato.
Aqui deixamos unha pequena mostra do seu traballo:
Actividade realizada polas titoras da ESO en colaboración co Departamento de Orientación.