MAIO-XUÑO

 

Finalistas da 39ª Edición do concurso "¿ Qué es un rey para ti?"

Dous alumnos de 1º ESO, Álvaro e Marcos, resultaron finalistas do citado concurso.

Ao longo dos meses de abril, maio e xuño, teríanse que haber celebrado as "finais autonómicas", unha serie de actos institucionais en cada Comunidade Autónoma nos que se expoñen os traballos finalistas e procédese á antrega de diplomas. Nestes actos coñécese o gañador de cada comunidade, que asistirá á Audiencia coa S.M. o Rei.

Debido á situación provocada pola alerta sanitaria, os actos quedaron aprazados e confíase en poder realizalos no primeiro trimestre do Curso 20-21.

___________________________________________________________________________________________________________________________________________

 

Despedida do alumnado de 2º BAC

 

Clicade nesta imaxe para ver unha pequena homenaxe dedicada ó noso alumnado de 2º BAC. 

 

 

  


 

    Visita virtual por Madrid realizada polo alumnado de 3º ESO

  

LETRAS GALEGAS 2020

 

Nin en tempos de pandemia e de crise podemos esquecer a nosa lingua. Para ter información sobre a conmemoración das LETRAS GALEGAS 2020, este ano adicado a Ricardo Carvalho Calero, o Departamento de Lingua Galega e o ENDL poñen e disposición de quen o desexe varias ligazóns que podedes consultar aquí.

Si premedes na imaxe accederedes a un pequeno apuntamento sobre RICARDO CARVALHO CALERO...e indo ao termo AUDICIÓNS CARVALHO CALERO I  e AUDICIÓNS CARVALHO CALERO II do DEPARTAMENTO DE GALEGO podedes escoitar audicións referidas á obra do autor homenaxeado.

 

 Concurso de Fotografía Matemática (edición especial #euficonacasa)

Como cada ano,desde o Departamento de Matemáticas, decidimos convocar o concurso a pesar do confinamento. Tedes imaxinación dabondo para realizar fotografías espectaculares. Animádevos!. Podedes consultar as bases e ao cartaz anunciador.