Skip to Content

VISITA: METEOGALICIA. SANTIAGO DE COMPOSTELA

O día 1 de febreiro de 2022 realizaron unha visita a METEOGALICIA: Unidade de Observación e Predición Meteorolóxica en Santiago de Compostela, os alumnos do grupo de 1º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa acompañados pola súa titora Inés Martínez Rodríguez, e o grupo de 2º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa acompañados pola súa titora Áurea Pereiro López.

MeteoGalicia naceu no ano 2000 froito dun convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e a Universidade de Santiago de Compostela, e ten como obxectivos principais a realización de unha predicción meteorolóxica de Galicia e a explotación e mantemento da rede de observación meteorolóxica e climatolóxica da Xunta de Galicia.

Co obxectivo de mellorar e optimizar o seu funcionamento, MeteoGalicia estrutúrase en catro áreas principais; predicción operativa, predicción numérica, visualización e climatoloxía. Asemade, MeteoGalicia desenvolve modelos meteorolóxicos, oceanográficos e de ondaxe de moi alta resolución para mellorar as súas prediccións meteorolóxicas.

MeteoGalicia dispón dunha web (http://www.meteogalicia.es) onde poden atoparse as distintas predicción realizadas, as saídas dos modelos, datos meteorolóxicos e climatolóxicos, e mais información sobre as actividades do servizo.



book | by Dr. Radut