Skip to Content

IN MEMORIAM JUANA OTERO

 

O 16 de outubro morreu de forma inesperada nosa compañeira Juana Otero.

Dedicou toda a súa vida ao ensino, e nos centros nos que traballou deixou para sempre a súa alegría, a súa simpatía, a súa risa e a súa entrega.

A biblioteca era o seu espazo favorito e alí pasaba unha chea de horas, sempre tratando de que o alumnado descubrise o goce da lectura e da propia biblioteca. Moitos alumnos e alumnas participaron nos seus clubs de lectura, onde sempre había algo de festa… A crise sanitaria non nos permitiu aínda organizar a homenaxe que se merece. Aproveitamos o 8 de marzo para lembrala como muller valente e comprometida. Sempre che lembraremos Juana.

 

 



blog | by Dr. Radut