Skip to Content

blogue deiesdesabon

ACTO DE RECOÑECEMENTO AOS MELLORES EXPEDIENTES

O pasado xoves 23 de xuño, o noso alumno Pablo Añón, de 2º de Bacharelato, recolleu o seu premio e recoñecemento aos mellores expedientes de bacharelato, nun gran acto en Santiago (Fontes do Sar), organizado pola USC. Podedes ver o acto na seguinte ligazón.

Noraboa!

 

PARABÉNS AO NOSO ALUMNO DE 1º CM INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICAS

O pasado martes 21 de xuño, o alumno de 1º de Ciclo Medio de Instalacións Electrotécnicas, Abdel Jalil Mahdaoui Mañana, acadou o primeiro posto no concurso oraganizado por Asinec. Podedes ver o contido na ligazón

Parabens!

MES ORGULLO LGTBIQ+

A partir da iniciativa do equipo do voluntariado da biblioteca levamos a cabo unha actividade consistente na celebración dun coloquio sobre “identidade sexual” cunha mesa de debate sobre experiencias diversas e as súas problemáticas.

ENTREGA DE NOTAS

A entrega de notas será de xeito presencial na aula de referencia de cada grupo segundo as datas e horas mostradas máis abaixo.

  • Luns 27 de xuño ás 10:00h. Entrega de notas
  • Luns 27 de xuño ás 10:20h. Recollida de equipos. Lembrade traer a chave da taquilla.
Distribuir contido


by Dr. Radut