Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Datas de matrícula ESO e Bacharelato, 2024-2025

prazo de matrícula para o ano académico 2024/2025 abranguerá, segundo a normativa vixente, do 23 de xuño ao 7 de xulloSe unha vez finalizado o prazo de matrícula esta non se formalizase, terase por decaído no seu dereito á praza obtida.

Atención preferente nas datas seguintes en horario de 9:00 a 14:00h para a matrícula nos seguintes niveis:

1º ESO - 3 de xullo.

2º ESO - 4 de xullo.

3º ESO - 5 de xullo.

4º ESO - 2 de xullo.

1º Bacharelato - 1 de xullo

2º Bacharelato - 28 de xuño

 

 

Documentación:

Alumnado do centro neste curso: coa entrega das notas, o xoves 27 de xuño ás 11h, recibirán o sobre para formalizar a matrícula no día correspondente.

Alumnado novo: poden recoller o sobre da matrícula na secretaría do IES de Rodeira a partir do 24 de xuño.

 

Outras indicacións:

O alumnado novo deberá pasar polo centro para realizar a fotografía para o carnet de centro, especialmente para o transporte escolar. Se non pode nese día, deberá pasarse o antes posible no mes de xullo.

O alumnado que desexe usar o transporte escolar indicarao no documento coa matrícula. Poden consultar os criterios da asignación de prazas e demais cuestións aquí.

O alumnado que xa presentou a prematrícula coas materias terá garantida a opción de materias solicitadas, agás aqueles casos nos que xa se contactou con eles. Se queren realizar algún cambio, deberán indicalo presentando coa matrícula un escrito que xustifique esa nova situación e indicando por orde de preferencia as materias que quere cursar. As resolucións realizarase, como máis tarde, no mes de setembro.

O alumnado que solicitou cambio de centro fóra de prazo (para vir ao IES de Rodeira ou para ir a outros centros) deberá realizar a matrícula no centro no que cursou estudos este 23-24 e agardar ao mes de setembro á resolución da inspección educativa.