Entrar

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Contratos Programa 2022-2023

Logo Instituto abreviado Contratos Programa Xacobeo Galicia

O IES de Rodeira participou neste 2022-2023 nos Contrato Programa da Consellaría de Educación coas seguintes actuacións:

CONTRATO PROGRAMA INCLÚE

QUEDA-T

Visitamos a Universidade de Santiago de Compostela (31/1/23) e a Universidade de Vigo (7/2/23). Tamén visitamos o CIFP Manuel Antonio e Valentín Paz Andrade (16/05/23).

IGUALA-T, CONVIVE-T e INCLUE-T

As actuacións realizadas foron focalizadas en dous cursos da ESO, con intervencións quincenais ou mensuais (alternando entre IGuala-T, Convive-T, Inclue-T e emociona-T) en cada grupo, por parte da mesma profesional desde o mes de decembro até maio. Ademais foi incorporada como relatora nunha liña PFPP de convivencia, de forma que o profesorado participante na liña, colaboraba con ela na súa actuación cos grupos.
Isto permitiu unha mellora notable nos grupos de actuación da ESO, até o punto de constituírse a posibilidade de crear para o vindeiro curso 2023-2024 un equipo de igualdade.

Isto permitiu unha mellora notable na convivencia no centro, tal e como se puido comprobar na enquisa que se realizou no mes de abril, onde unha ampla maioría (72%) do alumnado, familais e profesorado consideraba que a convivencia e a inclusión no centro mellorou notablemente respecto do ano anterior.

EMOCIONA-T

As actuacións realizadas foron focalizadas no primeiro curso do bacharelato, mediante a intervención de dous técnicos que colaboran habitualmente co Concello de Cangas sobre educación emocional e afectivo sexual. Realizáronse obradoiros con cada grupo para mellorar a súa percepción sensorial, autoexploratoria, de xestión das redes sociais e autocontrol.
Considerouse moi interesante e adecuada a actuación, valorando que para o ano  próximo na hora de atención educativa do bacharelato se focalice algunha sesión mensual neste tipo de intervencións.

CONTRATO PROGRAMA INNOVA

EDUEXCELENCIA

Contacontos en francés

Teatro en francés

EDUSAÚDE

Contribuíuse á adquisición de material deportivo para xogos populares dentro do proxecto deportivo de centro, ampliando e incrementando a oferta de deportes e xogos para o alumnado (PDC)

EDUSOSTIBILIDADE

Instalación de fontes de auga para reducir o uso de envases e botellas por parte do alumnado.

EDUCALIDADE

Implantación do carnet de centro, con foto dixital, código de barras para o recoñecemento na biblioteca.

Exemplo de carnet aquí