Entrar

 

  IES de Rodeira. Avda. de Ourense, s/n - 36940 CANGAS. +34 986 303 933; ies.rodeira@edu.xunta.gal Matrícula, certificados: secretaria@edu.xunta.gal

Club de lectura Vaidelibros do IES de Rodeira

16/02/2023 15:30
Europe/Madrid

O xoves, 16 de febreiro, o club de lectura Vaidelibros do IES de Rodeira, contou coa presenza de Carme Varela. Autora de "As desterradas", obra teatral gañadora do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2020.

Carme Varela é tamén membro da Asociación O sorriso de Daniel, que ten como obxectivo a conservación e rexistro das mostras artísticas do medioevo galego.

Festa fin de etapa 2º Bacharelato e Ciclos Formativos

18/05/2023 19:00
Europe/Madrid

Festa remate de etapa do alumnado de 2º bacharelato e 2º ano de ciclos formativos, no Auditorio Municipal de Cangas.

 

Proceso de admisión curso 2023-2024

Está aberto o período de admisión para todo o alumnado de centros non adscritos que desexe cursar no 2023-2024 no IES de Rodeira. Poden consultar as vacantes en cada nivel, grupo e modalidade, así como a documentación necesaria.

Se queren realizar presencialmente o trámite, poden pasar en horario de secretaría do centro: de luns a venres de 9h00 a 14h00 e os martes das 16h00 ás 19h00.

Alumnado admitido no período de reserva

Informamos que todo o alumnado dos centros adscritos que solicitaron praza para 1º ESO no IES de Rodeira para o curso 2023-2024 foi admitido.

Así mesmo, todo o alumnado que solicitou praza para 1º de Bacharelato dos centros adscritos foi admitido no itinerario solicitado.

Nos taboleiros do instituto publicaranse os listados co alumnado admitido.

Admisión centros adscritos para o 2023-2024

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO

PRAZO: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro
MODOS: Pódese facer a través dun dos seguintes:
1. Aplicación <admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
2. No centro de orixe presentando solicitude en papel

Aberto o prazo de matrícula para a ESO de Adultos (ESA)

No IES de Rodeira está aberto o prazo de matrícula para 2º e 4º da ESA duranto o prazo do 9 ao 17 de xaneiro.

 As clases comenzarán o luns 6 de febreiro en horario de 16:00 a 20:30.

Inscripción ás probas de acceso a ciclos superiores 2023

O prazo para a inscripción ás probas de acceso a ciclos superiores para o curso 2023 estará aberto entre o 23 de xaneiro e o 3 de febreiro.

O requisito é ter dezanove anos ou facelos no ano natural de realización da proba.

Deberase cubrir a solicitude a través da aplicación ”Ciclosprobas” (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas)  que  xerará un  documento  PDF   co formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), que a persoa interesada deberá  imprimir  e posteriormente  presentar  no  centro  de inscrición.

No caso de solicitantes  menores  de  idade   poderán  realizar  a solicitude a través  da aplicación informática  as persoas  titulares  da  patria  potestade  ou os  representantes  legais.

Distribuir contido